"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • División administrativa do antigo condado de York, Inglaterra. A súa capital era Beverly.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa do antigo condado de York, Inglaterra. A súa capital era Wakefield.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista, II marqués de Riestra, fillo de Xosé Riestra López. Militou no Partido Liberal, foi deputado a Cortes polo distrito da Estrada durante tres lexislaturas (1907-1916) e polo distrito de Redondela en tres ocasións (1916-1920). Foi subsecretario do Consello de Ministros en 1918.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Xosé Riestra López. Militou no Partido Liberal e, unha vez rematados os seus estudos, sucedeu ao seu irmán como deputado no distrito da Estrada entre 1916 e 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e banqueiro, I marqués de Riestra, fillo de Francisco María Riestra Villaure. Militou no Partido Liberal, foi deputado durante tres lexislaturas polo distrito da Estrada (1879-1890), senador pola provincia de Pontevedra (1891-1900) e senador vitalicio desde 1900. O seus negocios estaban moi diversificados, constaban de fábricas de madeira, de materiais de construción e banca. Realizou obras benéficas na zona de Pontevedra, onde cedeu edificios a sociedades benéficas e culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. De tendencia liberal, foi membro da Deputación Provincial (1854-1862), deputado nas Cortes polo distrito de Pontevedra durante tres lexislaturas (1858-1866), senador pola provincia homónima en dúas ocasións (1872 e 1876-1877) e senador vitalicio desde 1877. Destacou polo seu talento industrial e, en 1869, fixo a presentación política de Uxío Montero Ríos en Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido en 1893 por Afonso XIII a Xosé Riestra López. Sucedérono no título o seu fillo Raimundo Riestra Calderón II, marqués de Riestra desde 1923, e o seu neto, Antonio Riestra del Moral, III marqués de Riestra desde 1968. Trae por armas en campo de azul, un castelo de ouro e, saíndo da súa homenaxe, un brazo armado, de prata, cunha espada do mesmo metal, e a cada lado do castelo unha caldeira de ouro. Ao timbre, coroa marquesal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión desértica do S de Afganistán, que se estende polas provincias de Helmand e Qandahār.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensibilidade do olfacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no condado de Kent, Inglaterra, Reino Unido, á beira do río Medway e 45 km ao L de Londres (52.505 h [1981]). Constitúe a conurbación de Medway towns coas cidades de Chatham e Gillingham. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral, que se comezou cara a 604, e se reestruturou en 1077.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de New York, EE UU (219.773 h [2000]). Situada á beira do río Genesee, é porto de entrada ao lago Ontario e está conectada co lago Erie. É un moderno centro industrial especializado na produción de material óptico, fotográfico e de instrumentos médicos de precisión. Constitúe un centro comercial distribuidor das granxas agropecuarias dos arredores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Influído pola temática xermánica e o estilo flamengo, a súa obra foi transitoria cara ao Renacemento. Foi autor dos cadeirados da catedral de Toledo (1489-1494), Plasencia (1498) e de Ciudad Rodrigo, este último feito na súa maioría polos seus discípulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Traballou en diferentes periódicos madrileños, entre eles, El País e Diario Universal (1917). Publicou El pensamiento y las cosas, El conocimiento y el juicio (1911). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista. Coñecido como Mauro, inciou a súa carreira profesional no Sardoma e xogou no Berbés, Celta, Ponferrada, Avilés, Zaragoza e Levante. Foi internacional en 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Foz 13.12.1951) Xeógrafo e pedagogo. Catedrático de Didáctica das Ciencias Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, a súa dedicación profesional está relacionada coa formación inicial e continuada do profesorado. Publicou varias obras de carácter didáctico e xeográfico, das que destacan Valor y usos del suelo urbano en Lugo (1989), Os ríos galegos: morfoloxía e réxime (1992), en colaboración con F. J. Río Barja, Didáctica das ciencias sociais na educación infantil (1995) e La actividad humana y el espazo geográfico (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e xornalista. Formado en humanidades e filosofía, e vinculado ao colectivo galego en Catalunya, colaborou en diversos medios de comunicación de Galicia, Catalunya e Arxentina (Coordenadas, Dorna, Treboada ou Alborada) e foi cronista oficial do Centro Galego de Barcelona. Na súa poesía, de carácter socialrealista, reflicte a súa visión saudosa de Galicia, a frustración dos que cambiaron o mundo rural polo urbano e as malas condicións de vida na cidade. Da súa obra poética destacan Poemas populares galegos (1968), Saudade do bulleiro (1970), Soldada mínima (1979) e Onte e hoxe vivencial (1995), e da súa narrativa Reencontro coa aldea (1983), Galegos en Catalunya (1983 e 1985) e Volta a España a pé (1990). Desde 1995 o concello de Paradela convoca un certame literario co seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e teórico italiano. Foi membro e teórico do grupo BBPR, ao que se lle debe a colonia helioterapéutica de Legnano (1937-1938), a Torre Velasca (1957) en Milán, e o edificio comercial Hispano Olivetti, en Barcelona (1960-1964). Pertenceu aos CIAM desde 1951 a 1959, editou a revista Domus e dirixiu Casabella continuità (1954-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Test proxectivo proposto en 1921, na obra Psychodiagnostike, polo psicólogo clínico suízo Hermann Rorschard (1884 - 1922) e consistente nunha serie de dez láminas, en branco e negro ou policromadas, que reproducen (agás unha que está en branco) manchas de tinta sen significado ningún e que o suxeito ten que interpretar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Test proxectivo, chamado tamén de frustración, proposto en 1935 na obra Picture Frustration Study polo psicólogo clínico estadounidense Saul Rosenzweig (1907). Consiste nunha historia de debuxos que o suxeito debe completar mediante a atribución de frases ás personaxes que alí aparecen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Foi profesor de química na Academia Militar de Segovia e na Escuela Superior de Guerra. En 1890 marchou voluntario a Filipinas onde contribuíu á pacificación de Minolanao e posteriormente participou na Guerra de Independencia de Filipinas. Regresou en 1899 co grao de tenente coronel por méritos de guerra. Publicou Anomalías de los explosivos modernos (1809).

    VER O DETALLE DO TERMO