Rodríguez López, Manuel Oreste

Rodríguez López, Manuel Oreste

Poeta e xornalista. Formado en humanidades e filosofía, e vinculado ao colectivo galego en Catalunya, colaborou en diversos medios de comunicación de Galicia, Catalunya e Arxentina (Coordenadas, Dorna, Treboada ou Alborada) e foi cronista oficial do Centro Galego de Barcelona. Na súa poesía, de carácter socialrealista, reflicte a súa visión saudosa de Galicia, a frustración dos que cambiaron o mundo rural polo urbano e as malas condicións de vida na cidade. Da súa obra poética destacan Poemas populares galegos (1968), Saudade do bulleiro (1970), Soldada mínima (1979) e Onte e hoxe vivencial (1995), e da súa narrativa Reencontro coa aldea (1983), Galegos en Catalunya (1983 e 1985) e Volta a España a pé (1990). Desde 1995 o concello de Paradela convoca un certame literario co seu nome.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sarria

  • Deceso

    Lugar : Paradela