"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
-
Aplícase ao órgano que reacciona a estímulos térmicos.
-
Receptor nervioso sensible aos cambios térmicos, especialmente os das serpes da familia dos crotálidos, co que localizan as presas de sangue quente na escuridade. Están situados nunhas fosas en cada ollo e no órgano olfactivo, nunha membrana ricamente inervada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capacidade dun ser vivo de manter a temperatura interna dentro duns límites de máxima e de mínima entre os que teñen lugar os procesos vitais. Non todos os animais se comportan igualmente ante variacións de temperatura. Mentres que os paxaros e os mamíferos manteñen constante a temperatura interna (son homeotermos), os outros animais teñen a temperatura interna igual á ambiental (son poiquilotermos). Os animais homeotermos teñen desenvolvidos unha serie de mecanismos para manter constante a temperatura, así, ao diminuír a temperatura, aumenta a vasoconstrición da pel, co que se reduce o arrefriamento corporal, diminúe a cantidade de auga no sangue cunha diminución da transpiración, acumulan graxa e aumentan o metabolismo. Ao aumentar a temperatura, hai vasodilatación cutánea, dilución do sangue e sudación activa ou incremento da actividade respiratoria se os animais non teñen glándulas sudoríparas. Os mecanismos de termorregulación sométense a un dobre control, nervioso e hormonal. O centro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao aparato que mantén constante a temperatura dun obxecto, local, recinto, líquido ou gas. Consta dun termóstato que acciona o sistema calefactor ou refrixerador cando a temperatura varía con relación ao valor prefixado.
-
-
Relativo ou pertencente aos termosbenáceos.
-
Crustáceo da orde dos termosbenáceos.
-
Orde de crustáceos malacrostáceos coa cuncha reducida e o corpo subcilíndrico sen diferenciación do tórax e do abdome, sen ollos e coas anténulas bífidas e as antenas desprovistas de exopodito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que detecta unha variación ou diferenza de temperatura, pero sen efectuar a medida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ionosfera.
-
-
Circuíto pechado de canalizacións, xeralmente vertical, polo que circula un fluído, sen ser aspirado nin impulsado por bombas, senón polas variacións de densidade que experimenta ao ser quentado nunha parte do circuíto.
-
Quentador eléctrico de auga que funciona polo principio de termosifón.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
termostable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás substancias, como os polímeros, que non se descompoñen nin cambian de propiedades ao variar a temperatura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da termodinámica que estuda os sistemas térmicos en equilibrio baseándose en datos macroscópicos e que require que os procesos estudados non dependan do tempo.
-
-
Aplícase ao ambiente que está a unha temperatura constante.
-
Aplícase ao dispositivo que mantén constante a temperatura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Regulador que permite manter constante a temperatura do interior dun recinto. Consta dun elemento termométrico que detecta as variacións de temperatura e acciona un órgano de mando.
-
VER O DETALLE DO TERMO
termotaxe.
-
-
Movemento dun organismo que se produce pola acción da calor ou do frío.
-
Regulación normal da temperatura orgánica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento de enfermidades ou dores pola aplicación da calor en todas as súas formas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tropismo provocado por un foco de calor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción de calor nos seres vivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce calor.
-
-
Relativo ou pertencente aos tetraodontiformes.
-
Peixe da orde dos tetraodontiformes.
-
Orde de peixes actinopterixios, da superorde dos teleósteos, que presentan o corpo revestido de placas óseas, cabeza grosa cos premaxilares e os maxilares soldados entre eles, boca e fosas branquiais pequenas, escamas rugosas e grosas ou espiñas, aletas peitorais, cando as ten, en posición torácica. Son xeralmente mariños e costeiros e viven nas zonas tropicais.
-
-
PERSOEIRO
Escritor flamengo. Coñecido como Johan Daisne, foi un dos introdutores do realismo máxico nas literaturas flamenga e neerlandesa. Escribiu De man die zijn haar kort liet knippen (O home que se deixa cortar os cabelos, 1948), Lago Maggiore (1957) e Als Kantwerk aan de kin (1964).
VER O DETALLE DO TERMO