"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vedra baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pobra de Trives baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Allariz baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Palas de rei. baixo a advocación de San mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Samos baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Baña, a. baixo a advocación de San mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Sistema montañoso que, cunha dirección NO-S, se estende polos concellos de Maceda, Montederramo, Vilar de Barrio e Laza. Actúa de divisoria de augas entre as concas do Duero e o Miño. Acada unha altitude que oscila entre os 1.100 e os 1.618 m que se acadan no cumio do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario outorgado por Isabel II en 1834, a título póstumo, a Manuel Freire de Andrade (Osuna 1765-1834). De orixe galega, foi coronel, participou na Guerra da Independencia e foi nomeado ministro de Guerra en 1814 pero non ocupou o cargo. Partidario de Isabel II, foi comandante en xefe da Guardia Real e capitán xeneral de Madrid. Sucedérono os seus fillos Manuel Freire de Andrade e Abad , II marqués de San Marcial, e José Freire de Andrade e Abad , III marqués de San Marcial. En 1872 suprimiuse o título. Trae por armas as mesmas ca as dos Freire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello de Abegondo situado na parroquia homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que pertence ao sistema montañoso da serra de Vilanova, situado na parroquia de Bobadela (Celanova). O seu cumio acada os 621 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de San Miguel de Presqueiras, Ventoxo e A Madanela de Montes (Forcarei). O seu cumio acada os 674 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Bando (Santiago de Compostela), situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago, a escasos quilómetros da capital galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Guatemala (3.791 km2; 794.951 h [2002]). A súa capital é San Marcos (36.325 h [2002]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de San Marino, situada na vertente occidental do monte Titano (2.294 h [1997]). Conserva o aspecto medieval, cos tres muros graduados e concéntricos (ss XIII-XVI). Destacan as tres torres, Rocca ou Guaita, Cesta e Montale (ss XI-XIII), e o palacio Valloni (ss XV-XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Pequeno estado que forma un enclave independente e soberano dentro do territorio de Italia, entre as provincias de Forli, Pesaro e Urbino (61 km2; 27.000 h [estim 2001]). A súa capital é San Marino.
    Xeografía
    Trátase dun territorio moi accidentado, onde destaca o bloque calcario do monte Titano (738 m) e os outeiros arxilosos que o rodean. O clima é mediterráneo, cálido no verán, e frío e húmido no inverno. Varios ríos, Fiumicello, Ranco, Flocca e San Marino, atravesan o territorio. O turismo, a fonte principal de riqueza, é un sector que activa outros negocios paralelos como a venda de artesanías e de selos. Son importantes as remesas de cartos que proceden da poboación emigrada, instalada preferentemente en Italia e noutros países veciños. A agricultura produce trigo, uvas e cebada. A industria é fundamentalmente alimentaria. O 88,7% da poboación é urbana. Entre San Marino e Italia existe unha unión aduaneira e convencións no campo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Perú (51.253 km2; 692.408 h [estim 1998]). A súa capital é Moyobamba (31.256 h [1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de san Martín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido por Fernando VII en 1817, co vizcondado previo de Parada, a Xosé María de Prado e Neira (Lugo 1774-Madrid 1838), rexedor perpetuo da cidade de Lugo e militar destacado na Guerra da Independencia. Sucedérono o seu fillo José María de Prado e Ozores (? 1830-Santiago de Compostela 1849), II marqués de San Martín de Hombreiro, o fillo deste Benito de Prado e Ozores (? 1849-Madrid 1859), III marqués de San Martín de Hombreiro, sucedido pola súa tía María Ramona de Prado e Ozores (Madrid 1836-A Coruña 1897), IV marquesa de San Martín de Hombreiro. Sucedeuna Xaime Ozores de Prado , V marqués de San Martín de Hombreiro (A Coruña 1877-1927), Xurxo Ozores Marquina (A Coruña 1903-? 1998?), VI marqués de San Martín de Hombreiro, e José Antonio Ozores Souto , VII marqués de San Martín de Hombreiro desde 1998. Trae por armas as mesmas ca as dos Prado.

    VER O DETALLE DO TERMO