San Martín de Hombreiro, marquesado de

San Martín de Hombreiro, marquesado de

Título nobiliario concedido por Fernando VII en 1817, co vizcondado previo de Parada, a Xosé María de Prado e Neira (Lugo 1774-Madrid 1838), rexedor perpetuo da cidade de Lugo e militar destacado na Guerra da Independencia. Sucedérono o seu fillo José María de Prado e Ozores (? 1830-Santiago de Compostela 1849), II marqués de San Martín de Hombreiro, o fillo deste Benito de Prado e Ozores (? 1849-Madrid 1859), III marqués de San Martín de Hombreiro, sucedido pola súa tía María Ramona de Prado e Ozores (Madrid 1836-A Coruña 1897), IV marquesa de San Martín de Hombreiro. Sucedeuna Xaime Ozores de Prado , V marqués de San Martín de Hombreiro (A Coruña 1877-1927), Xurxo Ozores Marquina (A Coruña 1903-? 1998?), VI marqués de San Martín de Hombreiro, e José Antonio Ozores Souto , VII marqués de San Martín de Hombreiro desde 1998. Trae por armas as mesmas ca as dos Prado.

Palabras veciñas

San Marino | San Martín | San Martín de Arroxo | San Martín de Hombreiro, marquesado de | San Martín de la Vega | San Martín de Lúa | San Martín de Neira de Rei