"Ain" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 537.
-
REXIÓNS
Rexión que se estende entre o NL de Francia (departamento do Norte) e o S de Bélxica, onde dá nome a unha provincia. A maior parte está formada por unha fértil área aluvial que corresponde aos ríos Escalda, Haine e Dendre. É importante a súa agricultura (trigo, cebada, acelgas, ravos e liño) e a gandería. Comprende as concas carboníferas de Mons-Borinage, do centro, ao redor de La Louvière e de Charlei. A poboación, francófona, está intensamente urbanizada. Territorio do Sacro Imperio no círculo de Borgoña, tivo condes hereditarios desde o 900. Uniuse ao Condado de Flandres en 1051, e en 1246 pasou aos Avesnes, pero incorporouse máis tarde aos condados de Holanda e Zelanda. Propiedade dos duques de Borgoña desde 1443, pasou despois aos Habsburgo españois. A parte meridional do condado, con capital en Valenciennes, pasou a Francia polo Tratado dos Pireneos (1659). O Hainaut austríaco ou setentrional foi departamento francés (1795-1814) e pasou despois ao Reino dos Países Baixos (1815-1830)...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico suízo. Fundador da termoquímica, traballou fundamentalmente na química dos gases e enunciou a lei que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento situado na rexión de Bretaña, Francia (6.775 km2; 867. 533 h [1999]). A súa capital é Rennes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ciclista. Debutou como ciclista profesional en 1984, despois de proclamarse campión de España amateur o ano anterior. Foi o primeiro ciclista en gañar o Tour de France en cinco edicións consecutivas (1991, 1992, 1993, 1994 e 1995). En 1992 e 1993 venceu tamén na clasificación xeral do Giro de Italia. Nos campionatos mundiais de fondo en estrada conseguiu dúas medallas de prata (1993 e 1995) e unha de bronce (1991). Ademais, na especialidade de carreira contrarreloxo, proclamouse campión mundial en 1995 e olímpico en Atlanta 1996. Tamén gañou o Criterium Internacional (1989), a Dauphiné-Liberè (1995 e 1996), a Clásica de San Sebastián (1990), a Volta a Catalunya (1988, 1991 e 1992) e a París-Nice (1989 e 1990), entre outras. En 1994 conseguiu establecer a plusmarca mundial da hora ao percorrer nese tempo 53,04 km. En 1995 proclamouse campión da Volta á Comunidade Galega. Retirouse da competición en 1996. Das condecoracións e galardóns que recibiu destacan o Premio Príncipe de Asturias...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Cultivou nun estilo sobrio o retrato, o monumento conmemorativo e funerario e o nu. En Córdoba fixo os monumentos a Antonio Barroso e ao Gran Capitán, retrato ecuestre do toureiro Lagartijo, e en Madrid o de Eduardo Rosales. Foi autor do nu Forma (1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político estadounidense. Senador por Texas (1949) e líder da maioría demócrata (1953), foi elixido vicepresidente dos EE UU trala vitoria electoral de J. F. Kennedy. Trala morte deste (1963) ocupou a presidencia, cargo que revalidou nas eleccións de 1965. A implicación na Guerra de Vietnam ocasionoulle fortes críticas, que o levaron a declarar a retirada unilateral do conflito en 1968.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Líder do Rassemblement pour la République (RPR) (1995-1997), foi ministro de Asuntos Exteriores (1993) e primeiro ministro (1995). Durante 1996 fixo fronte a diversas mobilizacións populares que frearon a aplicación do seu plan de axuste económico para converxer con Europa. A vitoria do Parti Socialiste nas eleccións lexislativas de 1997 forzou a súa dimisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e diplomático francés. Coñecido como Gary Romain, da súa produción destacan Éducation européenne (1945), Les racines du ciel (Premio Goncourt 1956), La Promesse de l’aube (1960), Chien blanc (1970) e Les cerfs volants (1980). Co pseudónimo de Émile Ajar publicou La Vie devant soi (Premio Goncourt 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
2cainita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Wilda, Poznań 1897 - Wetzlar 1985) Fotógrafa polaca. Estudiou fotografía en Múnic e en 1920 instalou o seu propio estudo en Berlín. Colaboradora de diversas revistas internacionais, traballou en París (1924) como fotógrafa de modas. Participou nalgunhas publicacións xunto a Delaunay, Man Ray e André Kertész. Ademais foi correspondente de guerra en Indochina (1946). Publicou Metal (1927).
-
PERSOEIRO
Poeta e narrador francés. De orixe burguesa, publicou primeiro unha adaptación de L’eunuque (1654) de Terencio, e poemas de circunstancias, de agradecemento a Fouquet, Aux nymphes de Vaux (1661) e Ode au roi (1663). Entre 1665 e 1674 publicou os seus Contes, inspirados en narradores italianos e franceses, e as primeiras escollas de fábulas: as seis primeiras apareceron en 1668 co título de Fables choisies mises en vers. Dez anos máis tarde seguiron os libros VII e VIII; en 1679, os IX, X e XI, e, finalmente, en 1693, o XII, onde tentou dar unha nova forma, que supera pola versificación as composicións dos autores antigos, como Isopo ou Fedro. Servíndose dos animais, esbozou unha moral discretamente epicureísta. As fábulas, nos últimos libros, manifestan un pensamento máis maduro, unha intransixencia máis forte ante os vicios da humanidade, un elevado...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Oración que consiste nunha serie de peticións ou invocacións breves, á que se responde cada vez cunha fórmula fixada, normalmente “ten piedade” ou “escoitanos”. Son coñecidas as ladaíñas dos santos e a ladaíña lauretana ou da Nai de Deus, que se recita ao final do rosario. No rito romano hai as ladaíñas maiores, o día de san Marcos (25 de abril), e as ladaíñas menores, os tres días antes da Ascensión.
-
Procesión que se fai por san Marcos e os tres días antes da Ascensión.
-
-
Enumeración reiterada e longa de nomes ou cousas que causa ou provoca o enfado.
-
-
PERSOEIRO
Médico e escritor. Foi catedrático de Historia da Medicina e reitor da Universidad de Madrid. Relacionado coa xeración do 98, Ortega y Gasset e José Xavier Zubiri Apalategui, das súas obras como ensaísta destacan. La generación del 98 (1945), La medicina hipocrática (1970); as memorias Descargo de conciencia (1930-1960) (1976), Santiago Ramón y Cajal (1978), Ciencia, técnica y medicina (1986), En este país (1986) e El cuerpo humano. Teoría actual (1989). Director da Historia de la medicina moderna y contemporánea, foi un dos fundadores dos Cuadernos Hispanoamericanos. Entre 1982 e 1987 foi presidente da Real Academia Española. Recibiu, entre outros, o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades (1989) e o Premio Menéndez Pelayo (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Publicou, entre outras, as novelas B. comme Barrabás (1967), L’irrévolution (1971), La dentillière (Premio Goncourt 1974), Terre des ombres (1982) e Plûtot deux fois qu’une (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xesuíta e teólogo. Foi un dos primeiros compañeiros de santo Ignacio de Loiola, co que fixo voto en Montmartre en 1534. Foi profesor en Roma e destacou a súa intransixencia sobre a doutrina da xustificación no Concilio de Trento. En 1558 sucedeu a santo Ignacio de Loiola como xeneral da Compañía de Xesús. Pío IV enviouno a Francia para participar no coloquio de Poissy (1561). En 1885 publicáronse as súas Disputationes tridentinae.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psiquiatra. Considerado o iniciador da anti-psiquiatría, consideraba que a enfermidade mental era un fenómeno social. En 1965 fundou con David Cooper e A. Esterson, a Philadelphia Association, que agrupaba diversas comunidades, entre as que destacou Kingsley Hall. As súas obras principais son The Divided Self (1960), The Self and Others (1961), Reason and Violence (1964), Sanity, Madness and the Family (en colaboración con A. Esterson, 1964), The Politics of the Family (1969), Knots (1969) e The Facts of Life (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Dodro baixo a advocación de san Xián, onde se atopa á capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xesuíta e botánico. Realizou varios traballos sobre a flora, especialmente a de Galicia, que apareceron en diversas publicacións especializadas. Destacan os seus traballos “Adiciones a la Flora de Galicia” (1952), “Las ciencias” (1954) e os fascículos de “Aportaciones al conocimiento de la flora gallega” (1955-1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Traballou en Marly e en Versailles. Para a familia Rohan traballou no palacio de Saverne (1719-1728), no palacio episcopal de Estrasburgo (1731) e en París no Hôtel Soubise e no Hôtel Rohan.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de pintores franceses activos no s XVII. Foron membros fundadores da Académie Royale de Peinture et de Sculpture en 1648. Louis Le Nain (Laon 1593-París 1648) achegouse a un caravaggismo cribado por unha frivolidade conceptual próxima á das bambochadas. De estilo pictórico máis basto, aínda que dentro da mesma liña ideolóxica, insírese a obra de Antoine Le Nain (Laon 1588-París 1648). Mathieu Le Nain (Laon 1607-París 1677) cultivou a pintura de xénero e o retrato.
VER O DETALLE DO TERMO