Le Nain
Le Nain
Familia de pintores franceses activos no s XVII. Foron membros fundadores da Académie Royale de Peinture et de Sculpture en 1648. Louis Le Nain (Laon 1593-París 1648) achegouse a un caravaggismo cribado por unha frivolidade conceptual próxima á das bambochadas. De estilo pictórico máis basto, aínda que dentro da mesma liña ideolóxica, insírese a obra de Antoine Le Nain (Laon 1588-París 1648). Mathieu Le Nain (Laon 1607-París 1677) cultivou a pintura de xénero e o retrato.