"Aman" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 250.

  • MUNICIPIOS

    Municipio situado en Madrid, a 42 km da capital (1.846 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e compositor. Sacerdote franciscano, organizou un coro infantil no convento de San Francisco de Compostela, e, en Canedo (Ponteareas), fíxose cargo en 1965 do coro infantil que creara o padre Manuel Feijoo. Dirixiu a Coral Polifónica do Centro Artístico Sportivo de Ponteareas, fundado en 1965. Con ela recibiu o primeiro premio de Masas Corales de Mieres e de Masas Corales de León; e o segundo no Concurso Nacional da Canción del Mar de Ferrol e no certame de Masas Corales Galegas en Santiago de Compostela. É autor de varias composicións, como Romaxe da Picaraña, Ave María no Morro e Morriña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacerdote do pobo tunguso que se cre en contacto co máis alá e que exerce un poder sobrenatural. Unha persoa pode converterse en xamán por designación tribal ou por inspiración mística, pero adoitan ser inicialmente determinantes certos factores psicopatolóxicos que evidencia o aspirante. Das súas funcións específicas están a de curandeiro de enfermidades psicofísicas, a de exorcista, a de oráculo, a de guía para despois da morte e, sobre todo, a de intermediario entre o plano de existencia terreal e o das rexións celestiais e infernais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno relixioso máxico-místico ligado á actividade do xamán, único protagonista de todas as manifestacións desta forma relixiosa. É unha técnica da éxtase, que, segundo a mentalidade primitiva, permite entrar en comunicación directa con potencias superiores e, mesmo nalgúns casos, identificarse con elas e encamiñar a súa acción sobrenatural en favor dos individuos e da comunidade que teñen necesidade dela. É propio dos pobos da Asia setentrional e central, aínda que existen fenómenos análogos entre os amerindios e os esquimós, e nalgunhas comunidades da Asia meridional, de Australia e de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos yámanas ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo yámana.

    3. Pobo amerindio de Tierra del Fuego. Nómades e cazadores, a familia monógama era a base social da súa organización política.

    4. Lingua illada que fala o pobo yámana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ken da illa de Honshū, Xapón (4.463 km2; 888.172 h [2000]). A capital é Kofu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do Miñor pola dereita que nace na parroquia de Zamáns (Vigo) e desemboca no concello de Gondomar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vigo baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENCORO

    Pantano creado coa construción dunha presa no leito do río Zamáns na parroquia homónima (Vigo). Ten unha capacidade de 1,90 hm3 e abastece a cidade e o Val Miñor.

    VER O DETALLE DO TERMO