xamanismo

xamanismo

(

s m [RELIX/ETN]

Fenómeno relixioso máxico-místico ligado á actividade do xamán, único protagonista de todas as manifestacións desta forma relixiosa. É unha técnica da éxtase, que, segundo a mentalidade primitiva, permite entrar en comunicación directa con potencias superiores e, mesmo nalgúns casos, identificarse con elas e encamiñar a súa acción sobrenatural en favor dos individuos e da comunidade que teñen necesidade dela. É propio dos pobos da Asia setentrional e central, aínda que existen fenómenos análogos entre os amerindios e os esquimós, e nalgunhas comunidades da Asia meridional, de Australia e de África.

Palabras veciñas

xamaicano -na | xamais | xamán | xamanismo | xamaraina | xamardaxe | xamarín