"BRU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

  • PERSOEIRO

    Escritor e político alemán. Despois de 1918 foi o teórico do neoconservadorismo ideolóxico nacionalista. Preconizaba un estado popular e nacional (volkstaat) que integrase novamente o individuo á súa corporación. Escribiu Die Deutschen (Os alemáns, 1904-1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista e deseñador. Relacionouse cos futuristas F. P. Marinetti, E. Prampolini e outros, cos que expuxo unha serie de máquinas inútiles, e en 1948 interveu na fundación do Movimento per l’Arte Concreta. Realizou series de múltiples e obxectos de arte cinética, e exerceu como deseñador. Das súas publicacións destacan Arte come mestiere (1969) e Desing e comunicazione visiva (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Inspector de educación. Foi secretario de Inspección do Distrito Universitario de Santiago de Compostela, delegado de Educación en Lugo e director xeral de Ensino Medio da Xunta de Galicia, posto desde o que coordinou a aplicación da LOXSE en Galicia. Director do Instituto Nacional de Calidad de la Educación (INCE) en Madrid, participou na edición do Plan de Aplicación de Novas Tecnoloxías na Educación en Galicia (PANTEG, 1992) e escribiu o artigo “Os temas ossiánicos na poesía de Ramón Cabanillas” (1976), publicado en Grial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia marítima de Canadá, situada no litoral atlántico (73.440 km2; 729.498 h [2001]). A súa capital é Fredericton (81.346 h [2001]). Limita ao N con Québec, ao O co estado de Maine (EE UU), ao L co golfo de San Lourenzo e ao S coa baía de Fundy. Pertence á rexión apalachense e forma unha serie de altiplanos con chanzos, intercalados con depresións, como a de Restigouche, ao N, e altitudes, como as de Northern Highlands ou as de Caledonia Hills. A industria aproveita a riqueza forestal da provincia, con abundancia de fábricas de pasta de madeira e de papel. Saint John é o principal núcleo industrial. A economía oriéntase sobre todo cara á gandaría e cara á produción leiteira. Explótanse tamén recursos minerais, como carbón, cinc, cobre, chumbo e prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Baixa Saxonia, Alemaña, que está situada á beira da canle Mittellandkanal (164.539 h [2000]). Conta con industrias alimentarias, téxtiles, siderúrxicas e metalúrxicas. Do seu patrimonio destaca a catedral e outras igrexas medievais, así como o palacio comunal do s XV e o castelo do s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo francés. Foi profesor no Collège de France (1872) e participou na fundación das revistas Revue Critique (1866) e Romania (1872). Especializouse no estudo da literatura medieval, sobre todo da francesa, campo en que tivo especial relevancia pola teoría das cantilenas, en canto á orixe dos cantares de xesta. É autor de Étude sur le rôle de I’accent latin dans la langue française (1862), Histoire poétique de Charlemagne (1866), Vie de saint Alexis (1872), La Poésie du Moyen-Âge (1885) e François Villon (1901). Ademais traduciu, en colaboración, a Grammaire des langues romanes, de F. Diez. Foi membro da Académie de Inscriptions et Belles-Lettres (1876) e da Académie Française (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado ao NL da parroquia de Froufe (O Irixo). O seu cumio acada os 707 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico nuclear italiano. Estudou na URSS, en EE UU, Canadá e Inglaterra. Traballou na Universidade de Roma con E. Fermi ata 1936, que marchou a París. Máis tarde, en Canadá, realizou buscas sobre os raios cósmicos e o tritio. Cidadán británico en 1948, en 1950 desapareceu, e cinco anos despois sóubose que investigaba na URSS sobre enerxía atómica en Dubna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade do land de Brandenburgo, Alemaña, onde houbo, desde 1939 a 1945, un campo de concentración nazi para mulleres. Pasaron por el 115.000 mulleres deportadas de diversas nacionalidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Afiliado á Unión Cívica Radical (UCR), foi gobernador de Bos Aires (1996-1999) e presidente do comité nacional da UCR (1997-1999). Presidente de Arxentina (1999-2001), o seu goberno destacou pola lentitude e a falta de decisións que levaron a decretar o estado de excepción monetario coñecido popularmente como corralito, e o estado de sitio coa conseguinte suspensión de garantías constitucionais. Ao fracasar o seu intento de formar un goberno de unidade nacional coa oposición, presentou a súa dimisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do land de Saarland, Alemaña, situada a ambas as dúas ribeiras do río Saar (183.836 h [2000]). É un importante centro industrial de siderurxia, metalurxia e maquinaria e un centro cultural con escolas técnicas, museos e bibliotecas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e microbiólogo polaco. Naturalizado estadounidense, investigou numerosos virus infecciosos e descubriu e desenvolveu diversas vacinas, como a antipoliomielítica por vía oral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián alemán. Especializado en cirurxía torácica, inventou e puxo en práctica a cámara pneumática de baixa presión (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palacio real situado nas aforas de Viena, residencia de verán dos Habsburgo. Construído entre 1695 e 1749, durante os reinados de Leopoldo I e da Emperatriz María Tareixa, segundo planos de J. B. Fischer von Erlach, coa intervención de N. Paccassi, impúxose a racionalidade do clasicismo francés. Destacan a capela, a Grande e a Pequena Galería, a Sala de Cerimonias e os xardíns que o rodean.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no S da parroquia de Vilarxoán (O Incio). O seu cumio acada os 1.080 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Profesor na Universidade de Montréal, puxo de manifesto en diversas obras as características comúns da resposta orgánica ás agresións do ambiente, síndrome coñecida co nome de estrés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bruce Frederik Joseph Springsteen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e guitarrista de rock. Coñecido como Bruce Springsteen ou The Boss, da súa discografía destacan Greetings From Asbury Park, N.J. (1973), Born to Run (1975), The River (1981), Born in the USA (1984), Tunnel of Love (1987), Lucky Town (1992), The Ghost of Tom Joad (1995), The Rising (2002) e Devils & Dust (2005). Obtivo un Oscar á mellor canción por “Streets of Philadelphia” (1992) e doce premios Grammy (1984-2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa non autónomo, coas características funcionais dunha rutina, que pode usarse en máis dun punto doutro programa, chamado principal, ao que pode incorporarse como parte integrante. OBS: A súa pronuncia é sub-rutina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e teórico alemán. Adscrito á tendencia racionalista,na Exposición da Construción de Werkbund, en Colonia (1914), mostrou as posibilidades do vidro na construción. Emigrou coa ascensión dos nazis ao poder.

    VER O DETALLE DO TERMO