Osnabrück

Osnabrück

Cidade do land de Baixa Saxonia, Alemaña, que está situada á beira da canle Mittellandkanal (164.539 h [2000]). Conta con industrias alimentarias, téxtiles, siderúrxicas e metalúrxicas. Do seu patrimonio destaca a catedral e outras igrexas medievais, así como o palacio comunal do s XV e o castelo do s XVII.