"Bia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 440.
-
MUNICIPIOS
Municipio do Principado de Asturias, situado no límite SO coas comunidades autónomas de Galicia e Castela e León, drenado polo río Ibias (2.082 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e a gandería porcina, bovina, ovina e cabalar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emir da Cirenaica (1949-1951) e rei de Libia (1951-1969). Aliado dos británicos durante a Segunda Guerra Mundial, coa súa axuda acadou o trono do Reino de Libia. Durante o seu goberno entrou a formar parte da Liga Árabe (1953) e foi acordado o establecemento de bases británicas (1953) e estadounidenses (1954), a cambio de axuda económica. En 1969, aproveitando unha viaxe que fixo a Turquía, a á esquerda do exército destronouno e foi proclamada a República Árabe de Libia. Condenado a morte durante a súa ausencia, tivo que exiliarse e adoptar a nacionalidade exipcia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao ilio e á pube.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode intercambiar.
-
-
Que intercambia ou que serve para intercambiar.
-
Aparato empregado para transmitir calor dun fluído a outro que está a temperatura inferior. Estes circulan manténdose separados por unha parede dun material bo condutor. A disposición máis tradicional consiste en dous tubos concéntricos, un condutor do fluído quentador, e o outro do quentado. Non obstante , o máis corrente é que o aparato dispoña dun corpo cilíndrico de material termicamente illante, que contén no interior un grupo de tubos de material bo condutor; un fluído circula polo interior destes, e outro é conducido directamente polo corpo do aparato.
-
Substancia insoluble en agua que contén ións lábiles capaces de ser intercambiados por outros ións con carga do mesmo signo, presentes nunha solución acuosa coa que entra en contacto, sen que teña lugar ningún cambio físico maior na súa estrutura. Segundo os ións lábiles sexan positivos ou negativos, os cambiadores son catiónicos ou aniónicos, respectivamente. Coñécense de orixe natural, pero na actualidade os máis empregados son de natureza sintética. Os cambiadores iónicos posúen unha estrutura reticular tridimensional e grupos funcionais ionizables que reteñen por atracción electroestática os ións intercambiables. A forza ácida ou básica destes grupos determina o comportamento do cambiador, que está condicionado tamén pola dimensión media dos poros do retículo. O cambiador soamente é eficaz en condicións en que os seus grupos activos sexan ionizados. Iso fai que os cambiadores fortemente ácidos ou fortemente básicos actúen nun campo moi amplo de valores de pH; os que conteñen grupos...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar unha cousa ou persoa e recibir outra a cambio.
-
DISTRITOS
Distrito de Serra Leona, situado na provincia Setentrional (3.108 km2; 186.231 h [1985]). A súa capital é Kambia.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Guinea (1.476 km2; 98.053 h [1983]). A súa capital é Koubia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Capacidade e destreza dunha persoa para falar de calquera cousa e convencer.
-
-
Que ten a corola ou o cáliz cun labio ou máis, a miúdo, con dous.
-
Antigo nome que recibían as plantas da familia das lamiáceas.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos labios.
-
Que se articula pola intervención dos labios. Nas realizacións vocálicas a característica maniféstase pola prominencia labial ([o], [ɔ], [u]). Nas realizacións consonánticas maniféstase por un contacto ou unha constrición entre os labios (bilabiais: [p], [b], [m]) ou entre outro órgano e os labios (labiodental: [f]).
-
-
-
Articulación realizada coa participación dos labios.
-
Fenómeno polo que se propaga o carácter labial dun son a outros que forman parte dunha mesma secuencia sintagmática.
-
-
-
Facer labial un son.
-
olverse labial un son.
-
-
PERSOEIRO
Cantautor, escritor e político. Fundador da revista Andalán e do Partido Socialista de Aragón (PSA), foi deputado nas Cortes de Aragón pola Chunta Aragonesista (1999-2000) e deputado no Congreso de los Diputados desde 2000. Como intérprete gravou o disco Cantar y callar (1974). Publicou Las sonatas (1965), Con la voz a cuestas (1982), Diario de un náufrago (1988), Un país en la mochila (1995), froito dos doce documentais sobre España rural emitidos por TVE, e Dulce sabor de días agrestes (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor, profesor, escritor e político. Licenciado en Filosofía e Letras en 1960, exerceu a docencia ata que se dedicou en exclusiva ás súas facetas creativas. Participou na fundación da revista cultural Andalán, xunto con Eloy Fernández Clemente, e do Partido Socialista de Aragón (PSA). Foi deputado nas Cortes de Aragón pola Chunta Aragonesista (1999-2000) e deputado no Congreso de los Diputados na VII e VIII lexislaturas (2000-2008).
VER O DETALLE DO TERMO
Da súa discografía destacan os títulos Cantar y callar (1974), Tiempo de espera (1975), Que no amanece por nada (1978), Las cuatro estaciones (1981), Aguantando el temporal (1985), Diario de un náufrago (1988), Canciones de amor (1993), Paisajes (1997) e Vayatrés (2009). Publicou, entre outras obras, Sucede el pensamiento (1959), Recuerdos... -
VER O DETALLE DO TERMO
Medo extremo a falar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Thomas Edward Lawrence.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1962. Foi dirixida por David Lean e interpretada por Peter O’Toole, Omar Sharif, sir Alec Guinness e José Ferrer, entre outros. Esta película destaca pola calidade das súas imaxes, polo seu coidado guión e, principalmente, pola interpretación dos seus actores, cunha mención relevante para o papel protagonista de Peter O’Toole. Tamén destaca a súa música, que xa figura como unha das bandas sonoras fundamentais da historia do cine. Obtivo sete Oscar, entre eles o Oscar á mellor película.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Muller homoxesual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Homosexualidade feminina. O seu nome vén de Lesbos, illa grega do mar Exeo, onde na época clásica había unha comunidade de mulleres que practicaban esta clase de amor.