Lawrence of Arabia

Lawrence of Arabia
[IMAX]

Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1962. Foi dirixida por David Lean e interpretada por Peter O’Toole, Omar Sharif, sir Alec Guinness e José Ferrer, entre outros. Esta película destaca pola calidade das súas imaxes, polo seu coidado guión e, principalmente, pola interpretación dos seus actores, cunha mención relevante para o papel protagonista de Peter O’Toole. Tamén destaca a súa música, que xa figura como unha das bandas sonoras fundamentais da historia do cine. Obtivo sete Oscar, entre eles o Oscar á mellor película.