"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Calquera composto formado como resultado dun proceso anabólico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que activa o anabolismo favorecendo a síntese das proteínas e diminuíndo a súa desintegración excesiva. O seu uso produce un aumento do apetito, do peso e unha mellora do estado xeral; diminúe a eliminación de nitróxeno e favorece tamén o depósito de calcio nos ósos. A maioría dos anabolizantes son de estrutura química semellante aos andróxenos, o que lles confire, ás veces, unha certa acción virilizante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista periódica especializada en haxiografía que publica de xeito anticipado os resultados das investigacións que aparecerán definitivamente nas Acta Sanctorum. Contén así mesmo un amplo repertorio bibliográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena fileira de campo entre dúas leiras que se deixa sen cultivar e que se emprega como linde ou como paso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político brasileiro. Logo de se trasladar a Portugal, converteuse en 1812 en secretario vitalicio da Academia das Ciencias de Lisboa. De volta ao Brasil, Pedro I nomeouno Ministro (1821-1823) e cando abdicou (1831) designouno titor de seu fillo, Pedro II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo de Roi Freire de Andrade e Inés González de Soutomaior. A el débeselle o prestixio inicial acadado pola casa dos Andrade. A súa actividade política e militar xira ao redor de Enrique de Trastámara: acolleuno na súa Torre de Pontedeume, facilitoulle unha nave en Ferrol e acompañouno á Corte do Rei de Francia cando este aínda era príncipe. Entre as actividades bélicas documentadas que protagonizou están: a loita contra Fernando de Castro, da casa de Lemos, en defensa do príncipe Enrique (1366); a súa participación na Batalla de Montiel, en 1369, segundo a tradición iniciada polo licenciado Molina (1550), quen engade que foi tamén o que matou a Pedro o Cruel. Enrique II dooulle os señoríos do Ferrol e Pontedeume, por privilexio do 19 de decembro de 1371, e o señorío de Vilalba, o 3 de agosto de 1373. Así mesmo, parece que conseguiu o privilexio de cuñar moeda, feito constatado pola presenza de moedas do s XIV da casa dos Andrade. Entre as obras que financiou nos seus dominios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe ruso, fillo de Xurxo Dolgorukij. Resultou elixido príncipe de Vladimir polos boiardos de Suzdal’ e de Rostov en 1157, contra os que loitou co fin de superar a desmembración feudal dos principados rusos. Foi asasinado polos boiardos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Activo entre 1343-1377. Acadou sona, sobre todo, cos seus frescos do Capellone degli Spagnoli (1366-1367) en Santa María Novella de Florencia. Seguiu o estilo de Giotto, pero cunha certa liberdade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador, pintor e deseñador gráfico. Dende 1995 colabora en diferentes seccións no xornal El Progreso (“El Parapeto”, “Los sueños de la comadreja”, “A Tarabela”, “Furtivos y Cazadotes”) e na revista Bravú. Dende a súa primeira exposición individual en 1985, “Europa ha muerto” (Asociación Cultural A Estrada), realiza periodicamente mostras, individuais e colectivas. Entre as súas publicacións destacan: O Conde Vampiro, El Parapeto, Contos de Jack London, Crónica negra de Lugo e Lugo XX. Historia para un milenio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubrir de néboa.

    2. Botarse a perder os froitos por causa da néboa ou da xeada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos anfíbolos.

    2. Incerto ou irregular, de pronóstico dubidoso.

    3. Que pode ser proxectado cara a adiante e cara a atrás, como o dedo exterior da curuxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha metamórfica composta de anfíbolos (hornblenda) e plaxioclases (andesina e labradorita), en proporción variable. Pode ter como minerais accesorios cuarzo, diópsidos, biotita, granate e epidota, entre outros. É de cor verde escura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de minerais da clase dos silicatos que, xunto cos piroxenos, constitúen o grupo dos inosilicatos. Responden á fórmula xeral A2 B5 (Si,Al)8 O22 (OH,F)2 na que B pode ser Mg, Fe, Al e Mn, e A pode ser Ca, Na e K. Forman cristais de dous tipos: monoclínicos e rómbicos. Os monoclínicos, de gran pleocroísmo, dan lugar a innumerables combinacións entre as que se atopan: a actinota, a hornblenda e mais os anfíbolos sódicos. Na serie da actinota inclúese: a actinota, a actinolita e a tremolita; son frecuentes en rochas metamórficas, especialmente en esquistos e noutras de metamorfismo de contacto. A serie da hornblenda é abundante na composición de moitas rochas ígneas, como a diorita e a andesita, esencial nas rochas metamórficas como a anfibolita; tamén é abundante en rochas calcarias metamorfoseadas por contacto e en certos sedimentos detríticos. A serie dos anfíbolos sódicos subdivídese en dous grupos máis: o do...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo que remite ao uso ambiguo dun enunciado como consecuencia da multiplicidade semántica dunha palabra, nos casos de polisemia e homonimia, ou do emprego erróneo dunha construción sintáctica. Por exemplo: Comprei unha bota na tenda (onde bota pode referirse ao calzado ou pode ser o recipiente de coiro para o viño).

    2. Enunciado susceptible de ser interpretado de dúas ou máis formas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten ou presenta anfiboloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é adversario de Inglaterra ou dos seus habitantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primate lemuroide de pouco máis de 26 cm de altura, que ten o segundo dedo das mans anteriores e posteriores reducido a un toco, e o rabo, de menos de 1 cm de longo, agochado debaixo do pelame, que é de coloración castaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima dos eritrocitos, da mucosa gástrica e da cortiza renal, que contén un átomo de cinc por molécula, e que cataliza basicamente a deshidratación reversible do ácido carbónico. Intervén, no sangue, no transporte de CO2 e na súa eliminación a través dos pulmóns; no estómago, na secreción de ácido clorhídrico, e no ril, na retención dos bicarbonatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Míchigan, nos EE UU, á beira do río Detroit (109.592 h [estim 1990]). Centro agrícola e industrial con empresas de instrumentos de precisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome da illa de Pagalu.

    VER O DETALLE DO TERMO