"COI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 307.

  • Françoise Lilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Comezou a súa carreira cun estilo de influencia italiana, pero continuou cun estilo puramente clásico francés, do que foi un dos iniciadores. En París realizou obras como o Hôtel de la Vrillière (1635-1645), a escaleira central do Hôtel Carnavalet (1654), o Hôtel Tubeuf, o Hôtel Fieubert e a cúpula do oratorio da igrexa de Val-de Grâce, rematada por J. Lemercier. Fóra de París, proxectou a á Orléans do castelo de Blois (1635-1638) e o castelo de Maisons. Atribúeselle a invención das mansardas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Mademoiselle Dumesnil, foi unha das actrices dramáticas máis célebres do s XVIII e unha das figuras da Comédie-Française entre 1737 e 1776. Traballou en obras de Voltaire e Racine, como en Iphigénie en Aulide (1737). En 1800 publicou Mémoires, en resposta ao libro homólogo precedente de Hyppolite Clairon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no concello de Lugo. O seu cumio acada os 550 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo mascoi.

    2. Individuo do pobo mascoi.

    3. Pobo amerindio que habita na confluencia do río Paraguay co río Pilcomayo (Paraguay). A poboación é moi reducida, sen superar o millar de individuos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Na súa obra, marcada pola análise psicolóxica, implica directamente a relixión e os conflitos morais esenciais no ser humano, como se reflicte no debate entre a vida espiritual e os desexos máis carnais. Publicou as novelas Le baiser du lépreux (1922), Thérèse Desqueyroux (1927) e Le mystère Frontenac (1933), así como a biografía política De Gaulle. En 1933 foi elixido membro da Académie Française. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1952) e a Grand-croix de l’ordre de la Légion d’honneur (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Determinou a posición de numerosos planetas e estrelas, e estudiou as eclipses de Sol. En 1787 comprobou, xunto con Cassini e Legendre, a diferenza de lonxitudes dos observatorios de París e Greenwich. Entre 1792 e 1798 mediu, con Delambre, o arco de meridiano comprendido entre Dunquerke e Barcelona para establecer a lonxitude do metro patrón. Tentou aumentar a precisión das medidas prolongando o meridiano ata as Illes Balears, pero morreu mentres realizaba esta tarefa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Nunha primeira etapa dedicouse principalmente ao retrato, como Mme Lecourtois (1845), pero unha vez instalado en Barbizon tratou o tema rural, que situaba as figuras dentro da paisaxe, nun estilo próximo ao realismo holandés. A simplicidade coa que representou a sociedade campesiña fixo que os críticos liberais considerasen a súa pintura como socialista. Destacan Le Vanneur (1848), Les Glaneuses (1857) e L’Angélus (1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corticoide que intervén no metabolismo osmótico dos organismos vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico. É un dos fundadores da citoloxía e a fisioloxía vexetais e autor de traballos memorables sobre as carrizas. Escribiu Elémens de physiologie végétale et botanique (1815).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Doutor en Dereito, formou parte, entre 1947 e 1957, de diversos gobernos da Cuarta República e, ao se constituír o renovado Parti Socialiste (1971), pasou a ser o secretario xeral. En 1981 acadou o cargo de presidente da república, co apoio do conxunto da esquerda. Aplicou un programa de corte social, que foi en parte revisado en 1983 a raíz da crecente inflación, pero, coa introdución de medidas de austeridade, perdeu o apoio comunista. A derrota socialista nas eleccións lexislativas de 1986 obrigouno a gobernar cunha Assemblée Nationale dominada pola oposición. Reelixido nas presidenciais de 1988, mantivo o cargo ata 1995, en que foi sucedido por Jacques Chirac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é semellante a un molusco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal de Francia, duque de Luxemburgo. Participou nas Revoltas de Fronda, pasou ao servizo de Filipe IV e despois do Tratado dos Pireneos (1659) volveu ao servizo de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é semellante ao moco.

    2. Grupo de glicoproteinas, moi ricas en hidratos de carbono (máis do 40%), que conteñen moitas cadeas curtas de oligosacáridos e que son segregadas polas células caliciformes das mucosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Tamil Nadū, India, situada na punta meridional da península de Indostán, a poucos quilómetros do cabo Comorin (189.482 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. Foi mariscal desde 1693 e durante a Guerra de Sucesión Española (1702-1714) dirixiu o exército italiano, pero foi vencido en Chiari (1701). En Flandres foi derrotado polo duque de Marlborough, na Batalla de Ramillies (1706).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborador habitual en revistas de crítica literaria como Nouvelles littéraires (1960-1970) ou Point (1972), é autor das novelas L’eau grise (1951), Un petit bourgeois (1964), L’empire des nuages (1981) e Prince des Berlingots (2003), e dos ensaios Lorca (1995) e Le musée de L’homme (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos odocoileínos.

    2. Mamífero da subfamilia dos odocoileínos.

    3. Subfamilia de mamíferos artiodáctilos, da familia dos cérvidos, que presenta o corpo de talle mediano e de formas variables e os ósos metacarpianos segundo e quinto só no seu extremo distal. Distribúese por Europa, América e Asia setentrional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de ruminantes artiodáctilos, da familia dos cérvidos, de corpo esvelto e pelame curto. Os machos presentan unha cornamenta coa parte posterior menos desenvolvida ca a anterior que está dirixida cara a arriba e adiante. Distribúense por todo o continente americano e algunhas especies foron introducidas no N de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Colaborou con L. Le Vau (1660-1670) en Vincennes e Versailles, e no proxecto da columnata do Musée du Louvre (1656?) e no Collège des Quatre Nations. Posteriormente dirixiu as obras de ampliación do palacio de Versailles (1670-1680). Desde 1676 traballou ás ordes de J. Hardouin-Mansart. Realizou tamén o Arc de Triomphe de Peyrou en Montpellier, o Observatoire (1665-1670) e a antiga sala da Comédie Française (1688), ambos os dous en París.

    VER O DETALLE DO TERMO