"ECU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 293.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser recusado.
-
-
Acción e efecto de recusar.
-
Figura do dereito procesual que ten como fin excluír a petición da parte ao xuíz ou perito que, a causa das súas relacións coa parte contraria, pode considerarse como predisposto. En caso de que concorran unha das clases legais de recusación, o xuíz ou perito pode practicar abstención, se non o fixese, a parte prexudicada pode iniciar o incidente de recusación.
-
Facultade de demandar que un determinado funcionario se absteña de intervir nun procedemento baseado na existencia dun posible interese persoal do mesmo no asunto ou nas súas relacións cos interesados.
-
-
-
Que ou quen recusa.
-
Persoa que en Inglaterra rexeitaba o culto nacional anglicano (ss XVI-XVIII). Referido primeiro (1552) aos católicos (popish recusants), logo estendeuse aos non conformistas e, no s XVII, volveu designar só os católicos.
-
-
-
Rexeitar ou non aceptar algo ou a alguén.
-
Non admitir a alguén na intervención dun proceso xudicial ao considerar que non posúe as condicións necesarias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de primates catarrinos, da familia dos cercopitecidos, coa cabeza pequena, cara aplanada e nariz chato, pelame denso, suave e de cores vivas, sobre todo laranxa, amarelada ou doutras tonalidades. De costumes arborícolas e vexetarianos, habitan en zonas montañosas do NL de China, Tibet e Tonquín, ata os 3.000 m de altitude.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación diferencial da forma y’ = dy/dx = f1(x) + yf2 (x) + y2f3(x). Non ten unha solución xeral calculable por cuadraturas, pero se se coñece unha solución particular y0, é fácil atopar a súa solución xeral.
-
PERSOEIRO
Escritor. Despois do movemento revolucionario de 1848, exiliouse en París, onde escribiu o poema Le chant de la Roumanie (1851). En 1908 os seus artigos foron compilados en Écrits que, traducidos ao romanés, influíron no renacemento da lingua romanesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación que permite o cálculo da entropía total de traslación dun gas monoatómico a partir da masa molecular, da temperatura e da presión.
-
ENTRADA LARGA
Ecuación diferencial, formulada en 1926 por Erwin Schrödinger ao desenvolver o formulismo da mecánica cuántica, que permite calcular a función de onda ø(x,t) dunha partícula sometida a unha dinámica especificada por un potencial V(x,t). É a ecuación fundamental da mecánica cuántica, e escríbese:
FORMULA
VER O DETALLE DO TERMO
onde Ao é a constante de Planck normalizada, m a masa da partícula, V o potencial ao que se atopa sometida, x o vector de posición, t o tempo e i a unidade imaxinaria. -
-
Relativo ou pertencente aos sécuanos.
-
Individuo do pobo sécuano.
-
Pobo da Galia, de orixe céltica, instalado entre Xura occidental e o río Saona, que tiña por capital Besançon. Aínda que se opuxeron a Xulio César, foron sometidos polos romanos (51 a C), despois o seu territorio uniuse ao lionés e converteuse na provincia Maxima Sequanorum durante o Baixo Imperio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen segue a opinión, o partido ou a doutrina doutro.
-
-
Consecuencia de algo, polo xeral negativa, que se prolonga no tempo.
-
Trastorno ou lesión que segue a unha enfermidade e que é consecuencia dela.
-
-
-
Sucesión ordenada.
-
Sucesión de planos e escenas dunha película nos que se desenvolve unha acción concreta dentro dun mesmo marco espazo-temporal.
-
-
Sucesión de feitos xeolóxicos, de procesos ou de rochas sedimentarias segundo unha orde cronolóxica, que ofrece a posición relativa e a idade dentro da historia xeolóxica.
-
Sucesión de termos sedimentarios diferentes que se encadean e se superpoñen sen ningunha interrupción, de maneira que van asociados por unha característica determinada.
-
-
Orde primaria de execución dun conxunto de instrucións ou sentenzas dun programa.
-
Reprodución dun motivo melódico ou rítmico en distintos graos da escala.
-
Texto litúrxico que se recita na misa despois do gradual.
-
Orde sintáctica das palabras na frase. Denomínase secuencia progresiva a orde lóxica dos elementos da frase: suxeito + verbo + complementos (directo + indirecto + circunstancial); e secuencia regresiva, a orde alterada dos elementos da frase, relativamente á súa orde lóxica, por anticipación dalgúns deles respecto a outro.
-
sucesión.
-
...
-
-
-
Relativo ou pertencente a unha secuencia.
-
Sistema automático que funciona segundo unha secuencia determinada. O seu funcionamento implica unha serie de funcións lóxicas que se suceden nunha orde definida no tempo; ademais dos elementos propios dos circuítos combinatorios, hai algún tipo de memoria. Posúen unha serie de estados discretos, e cada un está determinado polos anteriores. Son un tipo de automatismos moi corrente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen secuestra.
-
-
Aplícase á substancia que é empregada como antiincrustante por mor da súa capacidade para impedir a precipitación das sales cálcicas ou magnésicas.
-
Reactivo pertencente a unha grande variedade de tipos funcionais, que teñen a propiedade de formar complexos definidos e solubles, de grande estabilidade, con diversos catións metálicos, secuestrándoos do contorno que os contén. Os axentes secuestrantes son reactivos quelantes e teñen aplicación en análise química (EDTA; oxina). Os axentes secuestrantes teñen un gran número de aplicacións industriais, entre as que hai que mencionar a suavización de augas duras, como tamén a prevención da oxidación de diferentes materiais.
-
-
-
Reter a autoridade competente, de forma provisional, determinados bens, especialmente publicacións.
-
Reter algo ou a algúen, esixindo cartos ou outras condicións para o seu rescate.
-
-
-
Acción e efecto de secuestrar.
-
Parte morta dun tecido, especialmente óseo, que queda encravado no tecido san e máis ou menos separado deste polo proceso de inflamación eliminatoria.
-
-
-
-
Que sucede unha vez cada século.
-
Que existe desde hai máis dun século ou que dura un século.
-
xogos seculares
Antigos xogos romanos. Celebrados por primeira vez cara ao 249 a C, foron repetidos en sete ocasións máis (146 e 17 a C; 88, 147, 204 e 248 d C). Celebrábanse unha vez cada cen anos ata a época imperial, cando foron convocados a intervalos irregulares de tempo.
-
-
Que non é relixioso ou eclesiástico.
-
-
Aplícase ao clérigo ou sacerdote que non vive no convento, por oposición ao regular.
-
instituto secular
Asociación de fieis, laicos ou clérigos, consagrados pola práctica dos consellos evanxélicos no medio do mundo con vista a realizar un apostolado en ambientes ata hai pouco inaccesibles aos relixiosos. Pío XII creou esta forma de vida, que tiña unha longa prehistoria na evolución das formas da vida relixiosa (orde relixiosa; monaquismo) e nos grupos de laicos que representaban o espírito (terceira orde).
-
-
-
-
Calidade ou estado de secular.
-
laicidade.
-