secuencial

secuencial

(< secuencia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a unha secuencia.

  2. sistema secuencial [TECNOL]

    Sistema automático que funciona segundo unha secuencia determinada. O seu funcionamento implica unha serie de funcións lóxicas que se suceden nunha orde definida no tempo; ademais dos elementos propios dos circuítos combinatorios, hai algún tipo de memoria. Posúen unha serie de estados discretos, e cada un está determinado polos anteriores. Son un tipo de automatismos moi corrente.

Palabras veciñas

secuaz | secuela | secuencia | secuencial | secuestrador -ra | secuestrante | secuestrar