"Ende" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 379.
-
GALICIA
Filólogo e historiador. Doutorouse en Filosofía e Letras na Universidad de Madrid (1893), onde foi discípulo do profesor M. Menéndez Pelayo. Catedrático de Filoloxía Románica (1899-1939) na Universidad de Madrid, consagrouse ao estudo da épica medieval e emprendeu a investigación rigorosa das crónicas medievais, ademais de interesarse polos aspectos sincrónicos da lingua e da dialectoloxía. En 1901 foi elixido membro da Real Academia Española, que presidiu nos períodos 1925-1939 e 1947-1968. A partir de 1910 dirixiu o Instituto de Estudios Históricos e, en 1914 fundou a Revista de Filología Española. Durante a Guerra Civil refuxiouse en Cuba e Nova York, e ao seu regreso iniciou a publicación de Historia de España (1947), que dirixiu, e na que colaboraron máis de 250 especialistas españois e estranxeiros. A súa grande obra Cantar de Mio Cid (1908-1912), en tres volumes, contén o texto paleográfico e crítico do manuscristo da xesta e constitúe un estudo capital da lingua castelá da época,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Piragüista. Gañou a medalla de prata de K-4 1.000 m nos Xogos Olímpicos de Montréal (1976) e nos Xogos Olímpicos de Moscova (1980) conseguiu a medalla de prata de K-2 500 m, e a medalla de bronce de K-2 1.000 m. Retirado da alta competición, dedicouse á representación de deportistas. Na cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de Barcelona entrou co facho olímpico no estadio de Montjuïc.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Colaborador en distintos xornais e revistas, iniciou a súa andaina profesional en La Región (1979-1981); posteriormente incorporouse á redacción de El Ideal Gallego (1982) e á emisora central da SER en Galicia. Desde 1985 desenvolveu diversos cargos na TVG, entre eles a dirección desde 1994 do programa Galeguidade. Escribiu Toda a Terra é dos homes (1993) e Vida e viaxes na Galeguidade (1997) e dirixiu a serie documental Terras de Merlín (2003). Recibiu o Premio Álvaro Cunqueiro de Xornalismo (1983) e o Premio Galicia de Xornalismo (1990) pola serie Galicia no Mundo, producida pola TVG.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz e escritora. Interveu en diversos programas de TVE como Barrio Sésamo, La bola de cristal e Los mundos de Yupi. Escribiu algunhas obras de teatro e moitos contos, dos que destacan La máquina maravillosa (1989), Pablo y su elefante (1991), Ese no es mi zoo (1993), Pablo y su elefante el día en que la clave voló (1995), La expedición perdida (2000), Caos en el súper (2002) e Este duende es una ruina (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nuno Menéndez.
-
GALICIA
Escritor. Especializado en dereito, da súa produción destacan Las particularidades de derecho patrimonial en el noroeste de España, ante la compilación gallega y el Código Civil (1964), o ensaio Separatismo e unidade: unha mitificación histórica (1970), cun prólogo de Ramón Piñeiro, e A reforma da compilación do dereito civil en Galicia (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das liliáceas, ao que pertence a especie M. pyrenaica (tollemerendas).
-
GALICIA
Poeta. Foi rexedor da súa vila natal ao tempo que compoñía versos en castelán e latín. En 1697 presentouse ás Festas Minervais de Santiago de Compostela, onde gañou cun soneto. Escribiu o texto manuscrito Teatro de los prelados de la Iglesia de Mondoñedo (1730).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi ministro de Facenda nos gobernos do conde de Ofalia (1837-1838), de Narváez Campos (1844-1846), Istúriz Montero (1846-1847) e, de novo, Narváez Campos (1848-1849). Posteriormente, foi xefe de goberno dun gabinete da Unión Liberal (febreiro-setembro 1864). Realizou a reforma tributaria de 1845, que consistía nun sistema ecléctico de impostos directos e indirectos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante humorístico. Comezou facendo ilustracións de libros infantís, películas de debuxos animados e debuxo publicitario. Deuse a coñecer como humorista e creou historias sen palabras só protagonizadas por animais. Colaborador do xornal La Nación desde 1997, realizou filmes para a televisión francesa. Das súas obras destacan Crazy Cowboy (1972), Mordillo Football (1982) e Mordillo Love Story (1999). Recibiu o Premio Nakanoki (1977) e a medalla de ouro da Asociación de Dibujantes Argentinos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. En 1882 ingresou en Izquierda Dinástica e foi ministro de Ultramar (1869-1870 e 1898), de Facenda (1870-1871), da Gobernación (1883-1884 e 1901-1902), de Estado (1885-1888) e de Fomento (1892-1894). En 1885 ingresou no Partido Liberal, ocupou a presidencia do goberno despois da dimisión de U. Montero Ríos (1905-1906 e 1909) e fixo aprobar a Lei de Xurisdicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Larín (Arteixo). Ten planta en L, con muros de cachotaría. Como elemento de cantaría destaca un balcón e un patín que dá acceso á vivenda desde un patio interior. Conserva hórreo e alpendres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización nacionalista canaria que xurdiu en 1963 co propósito de loitar para acadar unha República Guanche Africana, independente e socialista. Entre 1975 e 1977 desenvolveu a súa máxima actividade armada, propagandística e diplomática tentando demostrar, no seo da Organización da Unidade Africana, a africanidade de Canarias e forzar a descolonización. Desde 1978, a mellora das relacións entre Madrid e Alxer e as disensións internas desmantelaron o movemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘non’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Endemismo en que a área de distribución é reducida, xa que a especie é de formación recente e aínda non tivo bastante tempo para expandirse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría da herdanza biolóxica que defende as ideas do mendelismo e as adapta aos novos coñecementos da xenética.
-
PERSOEIRO
Nobre. Foi un dos condes que liderou a sublevación dos súbditos portugueses aos que tivo que facer fronte o Rei García I en 1070. Foi derrotado e morto polas tropas do monarca na Batalla de Braga.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Danar a alguén na súa dignidade con feitos ou palabras.
-
Producir unha sensación desagradable aos sentidos
-
Sentirse alguén ferido na súa moral ou dignidade.
-