Movimiento para la Autodeterminación y la Independencia del Archipiélago Canario
Movimiento para la Autodeterminación y la Independencia del Archipiélago Canario
Nome científico:
[MPAIAC]
Organización nacionalista canaria que xurdiu en 1963 co propósito de loitar para acadar unha República Guanche Africana, independente e socialista. Entre 1975 e 1977 desenvolveu a súa máxima actividade armada, propagandística e diplomática tentando demostrar, no seo da Organización da Unidade Africana, a africanidade de Canarias e forzar a descolonización. Desde 1978, a mellora das relacións entre Madrid e Alxer e as disensións internas desmantelaron o movemento.