"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
PERSOEIRO
Sindicalista e político inglés. Fundador do sindicato dos transportistas, converteuse en presidente da Confederación Británica do Traballo (1936-1937). Foi ministro de Traballo no gabinete de Winston Churchill e durante a Segunda Guerra Mundial organizou a mobilización obreira. Foi secretario de Estado para Asuntos Exteriores (1945-1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca organizada a partir da biblioteca do Seminario de Estudos Galegos e das doazóns realizadas por Arias Sanjurjo, Varela Limia, Paulino Pedret Casado e Felipe Cordero Canete, que adquiriran a biblioteca de Antonio Couceiro Freijomil, Salvador Cabeza de León e Fernando Alsina. Está formada fundamentalmente por libros de temática galega que sobrepasan os 7.000 volumes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos mecanismos, circuítos, dispositivos, etc, que poden presentar soamente dous estados ou dúas posicións estables. Utilízanse, especialmente, para escoller entre situacións de “todo” ou “nada”, “si” ou “non”, etc.
-
-
Que ten lugar cada dous meses.
-
Que dura dous meses.
-
-
-
Que dura ou se repite cada dous meses.
-
Período de tempo que abrangue dous meses.
-
Cantidade que se cobra ou que se paga cada dous meses.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Análise de datos biolóxicos mediante a aplicación dos procedementos e métodos estatísticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de datación relativa baseado na presenza e estado evolutivo de distintos animais e plantas nun xacemento. Como cada grupo ten un momento de aparición e extinción concreto, combinando eses datos é posible obter cifras bastante aproximadas. Debe completarse coa correlación xeolóxica e os métodos radiométricos para obter idades absolutas.
-
-
Relativo ou pertencente á bioestratigrafía.
-
Superficie de separación entre estratos que indica algún cambio bioestratigráfico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao ano de 366 días, no que o mes de febreiro ten 29 días no canto de 28. A reforma gregoriana do calendario estableceu a seguinte matización: son anos bisestos os designados por un número divisible por catro, agás os seculares que só serán bisestos se son divisibles por catrocentos (p ex: o ano 1900 non é bisesto, pero o 1900 e 2000 si). OBS: Este adxectivo úsase exclusivamente na expresión ano bisesto.
-
GALICIA
Escritor e xornalista. A súa infancia e adolescencia decorreron en Ourense, nunha atmosfera urbana pero, ao mesmo tempo, chea dos ecos do campo que tiña a cidade das Burgas neses anos. O ambiente que rodeaba a súa casa natal, moi preto da sé catedralicia, será logo descrito en moitas das súas obras. A Auria de A esmorga ou a de Xente ao lonxe non serán senón nomes que encobren este Ourense dos seus anos mozos, presente, tamén, nas súas obras La catedral y el niño, Los miedos ou Os biosbardos. A importancia que o espazo da cidade adquire na súa obra é tan grande que pasará a ser un dos trazos definitorios da súa fabulación e unha das teimas da súa creación narrativa. A súa infancia estivo fondamente marcada pola separación dos seus pais, a súa mala saúde e por unha infancia que el mesmo definiu como triste e solitaria. Realizou estudios de bacharelato no Instituto de Ourense onde tivo como...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Escribiu novelas sobre a vida chilena como Martín Rivas (1862), El ideal de un calavera (1863), e outras como Los trasplantados (1904) e El loco Estero (1909), de recordos autobiográficos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. É autor de diversas obras como Poesías (1854) e Armonías (1884).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, fillo de xudeus e nacionalizado norteamericano. Foi profesor en Nova York, Cleveland e San Francisco. Entre as súas obras destacan a ópera Macbeth (1910), a rapsodia Schelomo (1913-1917), os salmos 22, 114, 137, a sinfonía Israel, América (1926), cinco cuartetos de corda e un quinteto para piano (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo protestante alemán, coñecido como Carlstadt e Carlostadius. Defendeu as doutrinas de Lutero diante de Johan Eck en Leipzig (1519). Durante o retiro de Lutero en Wartburg (1521-1522) foi abandeirado da aplicación radical da nova doutrina, pero aceptou máis tarde as normas eucarísticas de Ulrich Zwingli e rompeu cos luteranos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado no concello de Boiro. Foi destruído polos normandos na irrupción que fixeron en Galicia no ano 970. Restituído, incorporouse ao mosteiro de Antealtares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que apareceu en Vigo en 1913, con periodicidade mensual.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual do Concello de Lugo que apareceu no ano 1914.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PUBLICACIÓNS
Publicación periódica editada entre o 21 de xullo de 1895 ata o 31 de octubre. Saía quincenalmente os días 15 e 30 de cada mes. Foi dirixida por Emilio Tapia e editábase en Mondoñedo, na imprenta Mancebo.
VER O DETALLE DO TERMO -