bisesto
bisesto
(< lat bisextu ‘día engadidoó mes de febreiro cada catro anos’)
adx
m
Relativo ou pertencente ao ano de 366 días, no que o mes de febreiro ten 29 días no canto de 28. A reforma gregoriana do calendario estableceu a seguinte matización: son anos bisestos os designados por un número divisible por catro, agás os seculares que só serán bisestos se son divisibles por catrocentos (p ex: o ano 1900 non é bisesto, pero o 1900 e 2000 si). OBS: Este adxectivo úsase exclusivamente na expresión ano bisesto.