"Eva" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 409.

  • GALICIA

    Pintora, filla de Francisco Lloréns Díaz. Doutorouse en Filosofía e Letras na Universidade de Yale (EE UU), e foi Master en Arte. Foi nomeada profesora emérita na Southern Conneticut State University. Do seu estilo pictórico destaca a suavidade das formas e da cor, tanto no emprego de acuarela como no de óleo. Editou os libros Valle-Inclán y la plástica, Francisco Lloréns e La juventud española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora e artista experimental. Estableceuse en Madrid (1965) e foi unha das creadoras da revista experimental Humo. Realizou xogos irónicos e reflexionou arredor de motivos como a idea de circuíto, de rastro, de polaridade, de proliferación ou da memoria perdida. Expresouse a través de diversas linguaxes, desde as accións, esculturas, instalacións e debuxos ata a fotografía e o cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Pontevedra en febreiro de 1991. Saíu un único número, promovido pola Asociación Cultural Madia Leva! De tendencia progresista, ofreceu información sobre sindicalismo, política local, artes plásticas, arquitectura e literatura galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, marqués de Almeiras e vizconde de Andeiro. Membro da Cova Céltica, onde coincidiu con Eduardo Pondal e Florencio Vaamonde, foi un dos fundadores da Real Academia Galega. Como poeta ten características en común con Pondal, xa que desenvolveu moitos dos seus poemas no mundo céltico de Ossián. Ademais, caracterizouse polo seu uso da sátira literaria e polo ton patriótico e aristocrático das súas composicións. Colaborador da Revista Gallega e do suplemento Terra a Nosa!, das súas obras destacan Os afillados do demo (1885), A noite de San Silvestre (1890), a recompilación Líricas Gallegas (1894), El laudemio: Su legislación y jurisprudencia hasta el año 1898 (1899), Landras e bayas (1919) e Andeiro. Poema histórico brigantino da Unión Ibérica (século XIV) (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación teatral, inicialmente chamada Aires da Terra, creada en Bos Aires en 1938. Mantivo a súa actividade ata 1946. O seu fundador e director foi Manuel Daniel Varela Buxán e nela traballaron asiduamente Maruxa Villanueva, Eva Carreras, Maruxa Boga e Fernando Iglesias Sánchez Tacholas. Ademais de diversos textos de Varela Buxán, a compañía estreou Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto das características propias da Idade Media.

    2. Afección pola Idade Media que preconiza un retorno ao pensamento ou á maneira de vivir da época medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudioso da Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama de estudios sobre temas de historia, lingua ou arte, entre outras materias, da Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á Idade Media ou á medievalística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Metabolito intermediario da biosíntese dos compostos isoprenoides. Sintetízase por condensación de tres moléculas de acetilcoenzima A. Mediante diferentes reaccións metabólicas, fórmase a unidade estrutural do isopreno nos distintos tipos de terpenos e derivados, como os carotenoides ou a ubiquinona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Cabe, en Monforte de Lemos, no camiño antigo de Santiago de Compostela a Castela. Realizada en cantaría con arcos de medio punto lixeiramente rebaixados e tallamares triangulares, ten catro vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, escenógrafo e autor teatral. Coñecido como Francisco Nieva, estivo influído polo postismo e formou parte do grupo Cobra. Colaborou con Pier Paolo Pasolini e Adolfo Marsillach. A súa produción teatral, caracterizada pola síntese das influencias realistas e vangardistas, divídese en “Teatro Inicial”, “Reóperas”, “Teatro Furioso”, “Teatro de Farsa y Calamidad”, “Tres versiones libres”, “Teatro de Crónica y Estampa” e “Teatro en clave de Brevedad”. Destacan Pelo de tormenta (1961), La carroza de plomo candente (1976), Delirio del amor hostil (1978), Los baños de Argel (1979), El baile de los ardientes (1990) e a colección de doce obras curtas Centón de teatro (1996). Autor das novelas El viaje a Pantaélica (1994), Granada de las mil noches (1994), La llama vestida de negro (1995) e Los rabudos y otros cuentos (2000), foi elixido membro de la Real Academia Española de la Lengua en 1986. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Letras (1992), o Premio Nacional de Teatro (1980 e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Publicou Legitimidad de la Reina de españa Dª Isabel II de Borbón (1855) e diversos tratados didácticos, como Ábaco aritmético o nuevo sistema de cálculo numérico y en gran parte mecánico (1864),   Redutor métrico y dicionario metrológico en español, inglés y norteamericano (1873) e Redutor métrico (de tipos y precios), seguido de un dicionario metrológico (1876).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Licenciada en Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela, realizou a súa tese de doutoramento sobre o tema do Camiño de Santiago, da que publicou Activación patrimonial e ritualización no proceso de revitalización do Camiño de Santiago (2001). Colaboradora da revista Encrucillada, é tamén autora de Vivir o camiño, revivir a historia (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso trinitario. Foi bispo de Ourense desde 1717. Publicou Compendio de la vida y martirio de Santa Eufemia de Galicia, virgen y mártir, patroa de Orense, cuyo cuerpo, con los de dos santos mártires, sus compañeros, está colocado con gran veneración, en su iglesia catedral (1720) e Memorias históricas de la Santa Iglesia Catedral de Orense (1726).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao neomedievalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • neorrománico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Rusia que rega a rexión de Leningrado (74 km). Nace no lago Ladoga e desemboca no golfo de Finlandia formando un delta. O 15 de xullo de 1240, Alexandre Nevski obtivo neste lugar unha vitoria sobre os suecos que o converteu nun símbolo da independencia rusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de nevar.

    2. Cantidade de neve que cae dunha soa vez e sen interrupción.

    VER O DETALLE DO TERMO