Morales Nieva, Francisco
Escritor, escenógrafo e autor teatral. Coñecido como Francisco Nieva, estivo influído polo postismo e formou parte do grupo Cobra. Colaborou con Pier Paolo Pasolini e Adolfo Marsillach. A súa produción teatral, caracterizada pola síntese das influencias realistas e vangardistas, divídese en “Teatro Inicial”, “Reóperas”, “Teatro Furioso”, “Teatro de Farsa y Calamidad”, “Tres versiones libres”, “Teatro de Crónica y Estampa” e “Teatro en clave de Brevedad”. Destacan Pelo de tormenta (1961), La carroza de plomo candente (1976), Delirio del amor hostil (1978), Los baños de Argel (1979), El baile de los ardientes (1990) e a colección de doce obras curtas Centón de teatro (1996). Autor das novelas El viaje a Pantaélica (1994), Granada de las mil noches (1994), La llama vestida de negro (1995) e Los rabudos y otros cuentos (2000), foi elixido membro de la Real Academia Española de la Lengua en 1986. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Letras (1992), o Premio Nacional de Teatro (1980 e 1992) e o Premio ADE (2002).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Valdepeñas