"Eza" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 269.

  • GALICIA

    Nobre. Membro da liñaxe dos Deza, en 1318 encabezou a rebelión contra o arcebispo compostelán Berenguel de Landoira. Morreu no castelo da Rocha Forte, durante o cerco do arcebispo á cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de sutil.

    2. Aquilo que se define pola súa agudeza ou perspicacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río pontevedrés, de 7 km de percorrido, que nace na parroquia de Figueirido (Vilaboa) e desemboca na cidade de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pontevedra baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de torpe.

    2. Dito ou acción de-safortunado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Tomé de Lourenzá (Lourenzá). Construída por Antonio Tovar e a súa dona en 1530, ten un corpo principal de planta rectangular, rematado en cada extremo por unha torre, con dous corpos pegados. As torres posúen ameas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deminación das terras situadas ao S e ao O do río Deza que coinciden co concello de Silleda. Documéntase desde a Idade Media e constituíu un arciprestado dependente do arcediagado de Deza, da diocese de Lugo no s XVII. Foi unha xurisdición da provincia de Santiago á que pertencían 25 parroquias do concello de Silleda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de ánimo que se caracteriza pola pasividade e as ganas de chorar, que polo xeral, vén causado por unha desgraza ou insatisfacción.

    2. Calidade daquilo que provoca este estado de ánimo.

    3. Causa que provoca este estado de ánimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anovo dun carballo ou dun castiñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo onde hai moitas tropezas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bater cos pés en algo ao camiñar.

    2. Atopar con algunha dificultade ou obstáculo que impide a realización ou o movemento de algo.

    3. Encontrarse con alguén de xeito inesperado.

    4. Estar en desacordo ou amosar algunha diferenza de carácter ideolóxico con alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo independente creado en 1956 coa finalidade de impedir o exterminio de especies ameazadas de extinción, racionalizar a xestión do medio e a preservación das zonas en parques naturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago do NO de Irán, situado cerca da cidade de Urmia. Ocupa unha depresión pechada a 122 m sobre o nivel do mar. A superficie varía segundo as estacións do ano de 4.500 km2 a 6.000 km2 e acada unha profundidade máxima de 14 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Reza, Ourense. Foi construída en 1818 por Xosé María Deza e Losada e Antonia Ibáñez, filla do marqués de Sargadelos. Consta de planta rectangular e dous pisos, con bufarda en forma de T e varias construcións adxectivas. Realizouse en cantaría e destaca especialmente a cheminea da cuberta, coroada con pináculos. Pegada á muralla que rodea a propiedade está a capela (1826), que remata cunha espadana labrada. O conxunto rodeouse cun muro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de vasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, foi director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA). Escribiu Crise agraria, innovación e miopía da política agraria (2001) e O fracaso neoliberal na Galiza: reconstruír a sociedade do país (2005). Recibiu o Premio Fundación Galicia de Investigación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea anual, pubescente ou sen pelos, de ata 80 cm de altura, con talos gabeadores ou rastreiros. As follas son paripinnadas con folíolos xeralmente lineais ou oblongos, con gabiáns simples ou ramificados. As flores, solitarias ou en parellas, teñen a corola púrpura ou violeta. O froito é un legume castaño. Habita en lugares herbáceos e cultivos. Distribúese por toda Europa e en Galicia danse tres subespecies: V. sativa subsp nigra, V. sativa subsp sativa e V. sativa subsp cordata.

    2. Froito da veza que se emprega como alimento de diversas aves, especialmente das pombas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ter algo por hábito unha persoa ou animal. OBS: Emprégase seguido da preposición de.

    2. Coller un vicio ou o hábito.

    3. Afacerse a algunha cousa ata convertela nun hábito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e actor cinematográfico, marqués de Castellbell e grande de España. En 1950 marchou a Francia pola súa oposición ao Franquismo, aínda que o defendera na Guerra Civil. Iniciou un ciclo de obras que trataban os problemas da sociedade en España coa novela Les Ramblas finissent à la mer (1953). Continuou coas crónicas que criticaban a alta sociedade e publicou algúns libros de memorias, como La nostalgia es un error (1980) e La imprudente memoria (1985), e a biografía El Rey (1993), baseada nas conversas que mantivo con Xoán Carlos I. No eido cinematográfico colaborou en Les amants (1958), Breakfast at Tiffany’s (1961) e Sangre y arena (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Esperante (Taboada). Realizouse no s XVI con muros de cantaría e cachotaría de granito. Ten planta case rectangular con dous pisos. A porta principal é de arco de medio punto e sobre ela sitúase unha ventá arquitrabada flanqueada por dous escudos. Conserva un pombal circular e unha capela rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO