Varela de Limia, pazo de ou pazo de Deza

Varela de Limia, pazo de ou pazo de Deza

Construción situada en Reza, Ourense. Foi construída en 1818 por Xosé María Deza e Losada e Antonia Ibáñez, filla do marqués de Sargadelos. Consta de planta rectangular e dous pisos, con bufarda en forma de T e varias construcións adxectivas. Realizouse en cantaría e destaca especialmente a cheminea da cuberta, coroada con pináculos. Pegada á muralla que rodea a propiedade está a capela (1826), que remata cunha espadana labrada. O conxunto rodeouse cun muro.