"ILE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de transformacións que, no contexto da mecánica clásica, prerrelativista, permite transformar as coordenadas entre sistemas de referencia inerciais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principio que establece que as leis que gobernan os fenómenos mecánicos en dous sistemas de referencia S e S’, provistos dun movemento relativo rectilíneo e uniforme, teñen a mesma forma. Para comprobar este principio, considerado por Galileo como o principio fundamental da mecánica, cómpre establecer as fórmulas de transformación para pasar dun sistema de referencia inercial S (denominado tamén sistema ou eixes de Galileo) a outro S’ que teña un movemento rectilíneo e uniforme respecto ao primeiro. No caso de que o sistema S’ (de coordenadas espacio-temporais x’, y’, z’, t’) se mova con velocidade v rectilínea e uniforme, segundo o eixe x de S (de coordenadas espacio-temporais x, y, z, t), as fórmulas de transformación, chamadas de Galileo, son: x’=x-vt, y’=y, z’=z e t’=t. A relatividade de Einstein levou a substituílas polas fórmulas de transformación de Lorentz.
-
PERSOEIRO
Explorador e xeógrafo francés. Profesor na Universidade de Alxer, especializouse no estudo de países africanos. Escribiu Madagascar, essai de géographie physique (1902), Struture de l’Algérie (1922) e L’Afrique blanche (1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo francés. De tendencia romántica, foi un dos fundadores do Petit Cénacle (1830) e un defensor da arte pola arte. Colaborou con Gérard de Nerval na revista Le Monde dramatique, onde iniciou unha longa traxectoria como crítico, que continuou en medios como La Presse ou Le Moniteur Universel, e participou activamente en diversas polémicas poéticas que tiveron lugar en Francia, particularmente a provocada en 1930 pola estrea do Hernani, de Víctor Hugo. Foi autor de varios libretos e escenografías para ópera, e formou parte do movemento poético parnasiano. Da súa produción destacan Les jeunes-France (1833), Mademoiselle de Maupin (1835), Émaux et camées (1852), Les Beux-Arts en Europe (1855), Capitaine Fracasse (1863) e Voyage en Russie (1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Gentile da Fabriano, a súa obra, dentro do gótico internacional, incorporou na derradeira etapa elementos renacentistas. En 1408 estivo en Venecia, onde pintou o fresco da Battaglia navale tra i veneciani e Ottone III, na sala do consello maior do Palazzo Ducale. En 1422 instalouse en Florencia, onde pintou Adorazione dei Magi para a igrexa da Santa Trinità, e en 1427 comezou o ciclo da Vita di san Giovanni Battista en San Giovanni in Laterano en Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e mercador. Interesado polo lulismo compuxo uns Canti, a imitación de Dante, nos que Ramón Llull acompañaba ao poeta. Dezaoito sonetos seus figuran no Cancionero General de Hernando del Castillo a partir da edición de 1520.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista ucraíno. Discípulo de Heinrich Neuhaus en Moscova, formou un trío con Leonid Kogan e Mstislav Rostropovič. Especializouse na obra pianística de Beethoven e música de cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SO da Estepa (3.840 h [1996]). A economía baséase na agricultura, con algunhas industrias derivadas, e na extracción de pedras calcarias e graníticas. Do seu patrimonio cultural destacan a sepultura calcolítica de Cueva Artificial, o xacemento romano de Los Argamazones e a igrexa da Inmaculada Concepción (s XVII).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo escolástico. Membro da orde dos eremitas de santo Agostiño e xeneral da orde en 1292. Posiblemente foi discípulo de san Tomé de Aquino (1269-1272). Caracterizouse polos seus ataques aos pensadores árabes e xudeus e por afirmar que a alma individual tiña unha pluralidade de formas coñecidas. Das súas obras destacan De regimine principum e Errores Philosophorum.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociolingüista galés. Interesado polos estudios da relación entre lingua e psicoloxía social, organizou, con W. P. Robinson, as primeiras Conferencias Internacionais sobre Lingua e Psicoloxía Social (Bristol, 1979). Desta primeira iniciativa xurdiu a Association for Language and Social Psychology (1997), da que Giles foi presidente (2000). Tamén examinou as diferentes actitudes lingüísticas e formulou a “teoría da acomodación” (CAT). Publicou Speech Style and Social Evaluation (1975), Handbook of Language and Social Psychology (1990) e Language: Contexts and Consequences (1991). Membro da British Psychological Society, da American Psychological Society e da International Communication Association.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, segundo duque de Ahumada e cuarto marqués de las Amarillas, fillo de Pedro Agustín Girón. Ascendeu a tenente coronel, coronel e mariscal de Campo, e foi nomeado Inspector do Segundo e Cuarto distritos militares (1843). Organizou e dirixiu o corpo da Garda Civil (1844-1854) e foi designado inspector xeral do corpo (1856-1858). Dende 1858 foi comandante xeneral do corpo de alabardeiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De nome orixinario Vordanig Manoog Adoian, foi profesor no Grand Central School of Art de Nova York. Cultivou unha abstracción baseada no emprego das formas biomórficas e surrealistas. Considérase como o iniciador do expresionismo abstracto.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Burato onde vive o grilo.
-
Gaiola pequena para grilos.
-
-
-
Que é agudo e amigo de facer trasnadas.
-
Aplícase á gaita que ten un ton máis agudo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome francés da illa de Guernsey.
-
PERSOEIRO
Emperador de Etiopia (1930-1974). Como rexente da Emperatriz Xudite, gobernou desde o ano 1917; en 1928 asumiu o título de negus, e en 1930 foi coroado emperador. Conseguiu o ingreso de Etiopia na Sociedade de Nacións (1923), aboliu a escravitude (1924) e promulgou unha constitución de tipo occidental que lle atribuía todos os poderes en 1931. Expulsado do seu país en 1935 a raíz da invasión italiana, recuperou o trono coa axuda dos británicos en 1941, modernizou as estruturas legais e promocionou o panafricanismo. En 1960 fixo fronte a un golpe de estado. Foi destituído en 1974, acusado de corrupción e tiranía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e xeógrafo grego. Discípulo de Anaximandro, foi autor dun tratado de xenealoxías míticas, no que fixo unha interpretación racionalista dos mitos, tradicións e crenzas gregas, e do Περίοδος γ ῆ ς ou Περι ή γησις (‘Periexesis’ ou ‘Viaxe ao redor do mundo’) no que se describe a Terra como un disco rodeado polo océano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
hepteno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diamina lixeiramente soluble en auga, éter e alcohol que ferve a 203°C. É a amina fundamental para a síntese do nailon. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto de reacción básica que se sublima a 263°C. Emprégase coma desinfectante, antiséptico urinario e acelerador na vulcanización do caucho. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].