Giles, Howard

Giles, Howard

Sociolingüista galés. Interesado polos estudios da relación entre lingua e psicoloxía social, organizou, con W. P. Robinson, as primeiras Conferencias Internacionais sobre Lingua e Psicoloxía Social (Bristol, 1979). Desta primeira iniciativa xurdiu a Association for Language and Social Psychology (1997), da que Giles foi presidente (2000). Tamén examinou as diferentes actitudes lingüísticas e formulou a “teoría da acomodación” (CAT). Publicou Speech Style and Social Evaluation (1975), Handbook of Language and Social Psychology (1990) e Language: Contexts and Consequences (1991). Membro da British Psychological Society, da American Psychological Society e da International Communication Association.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cardiff