"Josep" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 326.

  • PERSOEIRO

    Cirurxián estadounidense. Durante a Segunda Guerra Mundial comezou a interesarse polo campo dos transplantes e practicou implantes de pel aos soldados feridos. A principios da década de 1950 comezou a experimentar con transplantes de ril en cans, e en 1954 realizou o primeiro transplante renal entre dous irmáns xemelgos; posteriormente foi pioneiro na práctica desta técnica en receptores sen parentesco cos doadores e, máis adiante, no emprego de riles de cadáver. Tamén conseguiu progresos na utilización de fármacos e radiacións ionizantes para controlar o rexeitamento do órgano transplantado. En 1964 organizou e puxo en marcha o primeiro rexistro internacional para transplantes de riles. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1990), xunto con E. D. Thomas, polos seus descubrimentos no ámbito do transplante de órganos e células nos seres vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico, sinólogo e historiador inglés. Fundou a Sino-British Science Co-operation Office e escribiu importantes traballos sobre embrioloxía e xenética. En 1942 iniciou Science and Civilitation in China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico estadounidense. Coñecido como Jack Nicholson, caracterizouse pola súa versátil interpretación de personaxes nada convencionais. Da súa filmografía destacan Easy Rider (1969), Chinatown (1974), One Flew Over the Cuckoo’s Nest (1975, Oscar ao mellor actor 1976), The Shining (1980), The Postman Always Rings Twice (1981), Terms of Endearment (1983, Oscar ao mellor actor secundario 1984), Prizzi’s Honor (1985), Wolf (1994), As Good as It Gets (1997, Oscar ao mellor actor 1998), About Schmidt (2002) e Something’s Gotta Give (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor e fotógrafo francés. En 1807 descubriu o motor de lume, precursor do motor de explosión, e foi o promotor do velocípede (1818), entre outras invencións. Está considerado o pai da fotografía, xunto con Daguerre, Talbot e Bayard, xa que foi o primeiro en obter unha fotografía, “Point de vue de la fenetre” (1826), despois de múltiples experimentos cos que obtivo o negativo fotográfico (1816) e as primeiras imaxes a partir de placas sensibles e gravados en cobre sobre placas de vidro cubertas de asfalto (1822). En 1827 informou á Royal Society of Sciences sobre a heliografía e asociouse con Daguerre (1829), co que patentou a cámara escura, para mellorar esta técnica, que culminou no daguerrotipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse con Carlos Luis de Ribera en Madrid, onde se estableceu. Como retratista oficial pintou a J. Prim e E. Castelar e tamén cultivou a pintura de historia da que destaca Los héroes de la Independencia española (1876).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo belga. Interesouse por case todos os campos da psicoloxía, se ben foi un especialista en aprendizaxe, motivación e personalidade. Escribiu, entre outras obras, Tâche, réussite, échec. Théorie de la conduite humaine (1953), Psychanalyse et conception spiritualiste de l’homme (1955) e Struture de la personnalité (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto austríaco. Discípulo de O. Wagner, despois de proxectar o edificio de exposicións da Wiener Sezession (1898) en Darmstadt, construíu unha colonia de artistas, ampliada en 1907 cun palacio de exposicións que incluíu a Hochzeitsturm. En 1908, en Düsseldorf, dirixiu a construción dos grandes almacéns Tietz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico de jazz estadounidense. Coñecido como King Oliver, debutou en 1900, e foi o mestre e o mentor de Louis Armstrong. Creou os grupos Magnolia Band, King Oliver’s Creole Jazz Band e a orquestra Dixie Syncopators. Foi un dos primeiros en introducir a improvisación nas interpretacións. Das súas gravacións coa Creole Jazz Band destacan os discos Aligator Hop (1923) e Snake Rag (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Representante do renacemento cultural en Catalunya coa fundación das revistas Poesia e Ariel, a partir da década de 1970 converteuse nun punto de referencia para a nova poesía catalá, sobre todo coa publicación de Poemes de l’Alquimista (1977) e Nous Quaderns de l’Alquimista (1983), onde se reflicte o seu erotismo e surrealismo. Escribiu pezas teatrais como Homenatge a Picasso (1972) e publicou, ademais de varios traballos sobre Picasso, Quaderns inèdits de l’Alquimista (1991), Contes despullats (1983) e Poesia al carrer (2001). Recibiu a Creu de Sant Jordi (1989), o Premio Nacional de Cultura (1996) e o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (1999). En 2003 inaugurouse a Fundació Palau, en que se exhiben máis de 200 obras artísticas, entre elas 70 de Picasso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e paisaxista inglés. Cando traballaba como xardineiro en Chatsworth comezou coa construción de grandes invernadoiros, en que ensaiou un sistema de cubrición realizado con metal e vidro. Encargouse da construción do Crystal Palace da Primeira Exposición Mundial de Londres (1851).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e editor. Formou parte do Front Nacional de Catalunya e como editor contribuíu á recuperación da actividade literaria en Catalunya tras a Guerra Civil Española. Creou as series de poesía Els Llibres de l’Óssa Menor (1949) e Els Llibres de les Quatre Estacions, e os premios Óssa Menor de poesía e Carles Riba. Escribiu poemas en galego e catalán, que recolleu en El llibre dels verns (1985). Recibiu a Creu de Sant Jordi (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, ocultista e crítico de cine francés. Coñecido como Sâr Mérodack, fundou a Ordre du Temple de la Rose-Croix. Experimentou coas doutrinas cabalísticas, que expuxo nas súas novelas, unhas traxedias ben estruturadas de prosa poética. Nas súas críticas de arte combateu o naturalismo. Das súas obras destacan Oedipe et le Sphinx e Seramis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacólogo. Xunto con J. Caventou estudou e deu nome á clorofila; ademais, descubriu os principios activos de diversas drogas clásicas, como a ementina (1817), a estricnina (1818) e a quinina (1823).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador francés. Catedrático emérito de Historia Moderna na Université de Bordeaux III, especializouse no nacemento e formación do Estado español moderno e na formación das nacións latinoamericanas. Foi director da Casa Velázquez de Madrid (1989-1996). Das súas obras destacan La Révolution des Comunidades de Castille (1520-1521) (1970), Isabelle et Ferdinand, Rois Catholiques d’Espagne (1988), Charles Quint, empereur des deux mondes (1994), L’Espagne du XVIe siècle (1998), L’Espagne de Philippe II (1999) e L’Inquisition espagnole (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar estadounidense. Loitou contra os indios, contra os españois en Cuba (1898) e contra os nacionalistas filipinos (1898-1903). Dirixiu a intervención estadounidense na Revolución Mexicana (1916-1917) e en 1917 foi nomeado comandante en xefe das forzas estadounidenses na Primeira Guerra Mundial. Obtivo o Premio Pulitzer por My Experiences in the World War (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico estadounidense. Coñecido como Joe Pesci, debutou na gran pantalla con The Death Collector (1976). Nominado aos Oscar por Raging Bull (1980), de M. Scorsese, participou tamén en Goodfellas (1990), pola que gañou un Oscar, JFK (1991), My Cousin Vinny (1992), Casino (1995) e na saga Lethal Weapon (1989, 1992 e 1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Traballou case sempre asociado con Charles de Wailly (1730-1798), con quen proxectou a nova sala do Théâtre Français en París (1778-1782), o actual Théâtre de l’Odéon. Promoveu a volta á Antigüidade e escribiu Oeuvres d’architecture. O seu fillo, Antoine Peyre (París 1770-1843), realizou o Théâtre de la Gaîté de París (1800).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Realizou os estudos universitarios en Friburgo, Berlín e Bonn, onde tivo como mestre a W. Meyer-Lübke. De 1938 a 1953 foi catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Coimbra e de 1953 a 1968 da Universidade de Colonia. A partir de 1968 dedicouse por completo ao seu labor investigador no campo da romanística. Desde a presentación da súa tese de doutoramento sobre a fala de Courtisols (Die Mundart von Courtisols bei Châlons, 1929), estendeu o seu interese á investigación lingüística de Occidente, comezando así a serie de traballos sobre problemas lingüísticos e etimolóxicos do galego, do portugués e do resto da Península Ibérica. No campo da etimoloxía escribiu varios artigos en que examinaba e ampliaba o Romanisches etymologisches Wöterbuch (1911-1920), de Meyer-Lübke, intentou buscar a orixe de moitas palabras portuguesas e galegas (Miscelânea de etimologia portuguesa e galega, 1953) e estudou as características e fontes do léxico galego. En 1933 comezou a publicar no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, poeta, ensaísta e tratadista de arte. Foi a Italia entre 1903 e 1904 e encargouse da organización da Escuela Española para Estudios Arqueológicos e Históricos. En 1913 estableceuse en Toronto, onde rematou unha Historia del Arte (1914). Proclamada a Segunda República Española volveu a Madrid, onde publicou o primeiro volume de Summa Artis en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista, xurista e político. Foi director xeral de Industria da Generalitat de Catalunya (1986-1988), ministro de Industria (1996-2000), de Asuntos Exteriores (2000-2002) e de Ciencia e Tecnoloxía (2002-2003), presidente do PP de Catalunya desde 2002 e, desde 2004, senador designado pola Comunitat Autònoma de Catalunya. Escribiu Política monetaria, estabilització econòmica i expectatives racionals: especial cosideració dels shocks d´oferta (1983). Recibiu a Gran Cruz del Mérito Naval, con distintivo branco (2003) e a Gran Cruz de la Real y Distinguida Orden Española de Carlos III (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO