Murray, Joseph Edward
Cirurxián estadounidense. Durante a Segunda Guerra Mundial comezou a interesarse polo campo dos transplantes e practicou implantes de pel aos soldados feridos. A principios da década de 1950 comezou a experimentar con transplantes de ril en cans, e en 1954 realizou o primeiro transplante renal entre dous irmáns xemelgos; posteriormente foi pioneiro na práctica desta técnica en receptores sen parentesco cos doadores e, máis adiante, no emprego de riles de cadáver. Tamén conseguiu progresos na utilización de fármacos e radiacións ionizantes para controlar o rexeitamento do órgano transplantado. En 1964 organizou e puxo en marcha o primeiro rexistro internacional para transplantes de riles. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1990), xunto con E. D. Thomas, polos seus descubrimentos no ámbito do transplante de órganos e células nos seres vivos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Milford, Massachusetts