"Lor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á peza ou figura que leva dúas flores, unha delas invertida e cos esmaltes correspondentes ao da base dunha co da parte superior da outra e viceversa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
contrafloreado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
alor comercial acadado a cambio doutro.
-
PERSOEIRO
Canteiro e sindicalista socialista. No primeiro terzo do s XX foi o artífice da implantación da UGT entre o ambiente proletario e mariñeiro do Morrazo no primeiro terzo do s XX. Fundador das primeiras organizacións mariñeiras de clase en Cangas e Moaña, e cabeza visible da folga do ano 1917 na zona, presidiu a Federación Regional de Obreros de la Industria Pesquera de Galicia, de influencia socialista, entre 1914 e 1921. Colaborou na redacción do semanario Nueva Aurora e, no período republicano, exerceu como voceiro da minoría socialista no concello. Morreu asasinado no verán de 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten os estames inseridos na corola.
-
PERSOEIRO
Escritor. De orixe arxentina, a súa familia regresou a Bos Aires en 1918. En 1935 obtivo o título de profesor en Letras e ingresou na facultade de Filosofía e Letras; posteriormente, exerceu a docencia en varias localidades do país. En 1951 trasladouse a París cunha bolsa do goberno francés, comezou a traballar como tradutor na UNESCO e en 1981 obtivo a nacionalidade francesa. A súa obra caracterízase pola busca constante dunha linguaxe propia, o humor sútil e destrutivo, a asimilación das técnicas renovadoras da narrativa contemporánea, a profundización nas raíces do mundo hispanoamericano e a vontade de unir a preocupación estética e a sociopolítica. Influído por Roberto Arlt, Horacio Quiroga, Jorge Luis Borges, Jean Cocteau ou Alfred Jarry, considérase un dos principais cultivadores da literatura fantástica, cunha concepción da fantasía creadora que non se opón ao real, senón que o potencia e fai xurdir o ilóxico e o irracional dentro do cotián. Colaborador en diversas revistas especializadas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Formado na súa cidade natal, viviu en Boloña (1483-1506) ata que o nomearon pintor da corte de Mantua. A súa pintura manifestou un clasicismo mesurado patente na Coronación da Virxe de San Giovanni in Monte (1501). Tamén en Mantua realizou pinturas de carácter mitolóxico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Discípulo de Andrea del Verocchio, dirixiu parte das obras realizadas no seu taller, onde coincidiu con Leonardo da Vinci. As súas obras están executadas con precisión e minuciosidade. En 1497, influído polas prédicas de Savonarola, queimou as pinturas de tema profano, das que só se salvaron algúns retratos, como o Autorretrato (1488) e a Venus da Galleria degli Uffizi. Entre as súas obras relixiosas destacan A Nai de Deus entre San Nicolás e San Xián e San Miguel (1523).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. A súa obra, fundamentalmente paisaxística, caracterízase polo emprego da mancha ao modo postimpresionista, pola captación da luz e polas referencias á realidade. Participou en numerosas mostras colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista bizantino. Estableceu escolas de cultura grega en Italia (Florencia, Milán e Venecia) e Constantinopla. Traduciu ao latín a República de Platón e a Odisea de Homero.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Florentino López Alonso-Cuevillas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas, da familia das orquidáceas, ao que pertencen algunhas orquídeas.
-
PERSOEIRO
Pintora. Estudiou debuxo e pintura en Madrid. Participou en exposicións en Lugo, Santiago de Compostela e Madrid. Entre os galardóns que recibiu destaca a terceira medalla do XXX Salón de Otoño (Madrid, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Evolución que sofre unha flor logo da súa fecundación.
-
Perda anormal de flores que sofre unha planta ocasionada, entre outras causas, por xeadas ou por ataques de insectos e fungos.
-
-
GALICIA
Avogado e poeta. Licenciado en Dereito pola Universidad de Valladolid, residiu ata os dez anos na súa vila natal e logo en Ourense, Palencia e Valladolid. En 1928 regresou a Córgomo e exerceu como avogado no Barco de Valdeorras, á vez que comezou a colaborar con artigos e poemas no xornal Heraldo Orensano co pseudónimo Corgomófilo. Na Guerra Civil española trasladouse a Valladolid, logo a Portugal e a Francia, para máis tarde chegar á zona republicana española na que permaneceu ata a fin da guerra. En xullo de 1939 exiliouse a Guadalajara (México), onde traballou a prol da cultura galega promovendo diversas iniciativas, como a fundación da revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista ou o Ateneo de Galicia; ademais colaborou nos xornais Galicia, Heraldo de Galicia, Nova Galicia e Opinión Gallega. Tralo seu pasamento, as súas cinsas foron trasladadas a Córgomo o 12 de xullo de 1987. Como poeta deu ao prelo Bebedeira (1934),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Residiu en Roma, onde coñeceu a arquitectura clásica. Adoptou os novos esquemas renacentistas nas súas construcións. Enrique II nomeouno superintendente de edificios reais. Entre as súas obras destacan o castelo de Saint-Maur-les-Fossés en Lyon (1541), o castelo de Anet, ou casa de Diana, de Francia, a galería de Enrique II en Fontainebleau e a tumba de Francisco I en Saint-Denis. Realizou o proxecto do palacio das Tuilleries por encargo de Catarina de Medici. Escribiu Nouvelles Inventions (Novas invencións, 1561) e Architecture (Arquitectura, 1567).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e economista. Traballou na Banque de París como asesor de planificación, asuntos sociais e culturais. No ano 1974 ingresou no Parti Socialiste e foi ministro de Economía e Finanzas (1981-1984). Foi deputado do Parlamento europeo (1979-1984) e presidente do Comité económico e monetario das Comunidades Europeas (1979-1981). Tamén presidiu a Comisión Europea (1984-1994), cargo desde o que impulsou a integración europea mediante a aprobación da Acta Única Europea (1986), o Tratado de Maastricht (1992) e a admisión de novos membros. En 1989 concedéuselle o Premio Príncipe de Asturias á Cooperación Internacional e en 1995 o Premio Carlos V, en recoñecemento á súa tarefa a prol da unificación europea. Publicou Le nouveau concert européen (O novo concerto europeo, 1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás plantas que teñen as flores moi próximas unhas a outras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Digno de ser deplorado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sentir ou manifestar pena ou desgusto por algunha cousa.