Delorme de l’Orme

Delorme de l’Orme

Arquitecto francés. Residiu en Roma, onde coñeceu a arquitectura clásica. Adoptou os novos esquemas renacentistas nas súas construcións. Enrique II nomeouno superintendente de edificios reais. Entre as súas obras destacan o castelo de Saint-Maur-les-Fossés en Lyon (1541), o castelo de Anet, ou casa de Diana, de Francia, a galería de Enrique II en Fontainebleau e a tumba de Francisco I en Saint-Denis. Realizou o proxecto do palacio das Tuilleries por encargo de Catarina de Medici. Escribiu Nouvelles Inventions (Novas invencións, 1561) e Architecture (Arquitectura, 1567).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lyon

  • Deceso

    Lugar : París