"Mur" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 248.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título dado á tríade formada por Brahmā, Vixnu e Xiva, considerados polo hinduísmo como un triplo aspecto da divindade, que é á vez creadora, conservadora e destrutora.
-
PERSOEIRO
Derradeiro emperador da dinastía sino-mongólica Yuan (1333-1368). Coñecido co nome chinés de Shuendi, o seu goberno caracterizouse polas desordes internas. Derrocado por unha revolta popular (1368), foi expulsado de Pequín.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo udmurto.
-
Individuo do pobo udmurto.
-
Pobo que habita maioritariamente na República dos Udmurtos.
-
Lingua finoúgria do phylum urálico que se fala na República dos Udmurts, onde é lingua oficial e se escribe en caracteres cirílicos.
-
-
REPUBLICAS
República federal de Rusia, situada ao L do país, entre os ríos Kama e V’atka (42.100 km2; 1.633.000 [estim 1999]). A súa capital é Iževsk. A superficie é chaira e o clima continental. A industria, concentrada en gran parte na capital, diversifícase en construcións mecánicas e industria do metal, siderurxia, extracción de petróleo e industrias de madeira e alimentaria. A agricultura céntrase no cultivo de cereais, liño, legumes e hortalizas. Hai gandaría bovina e apicultura. Constituída en 1920 como rexión autónoma de Votsk, en 1934 converteuse en república autónoma despois de cambiar o nome de Votiacos polo de Udmurtos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como madame de Caylus, escribiu Mes Souvenirs (1770), sobre a Corte de Luís XIV de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado ao S da capital provincial e bañado polo río Carrión (4.978 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOAS
Zona húmida litoral situada no concello de Porto do Son, entre o cabo Teira e a desembocadura do río Sieira. Están incluídas no Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen, con actitude maliciosa, permanece calado esperando o que digan os demais.