Udmurtos, República dos

Udmurtos, República dos

República federal de Rusia, situada ao L do país, entre os ríos Kama e V’atka (42.100 km2; 1.633.000 [estim 1999]). A súa capital é Iževsk. A superficie é chaira e o clima continental. A industria, concentrada en gran parte na capital, diversifícase en construcións mecánicas e industria do metal, siderurxia, extracción de petróleo e industrias de madeira e alimentaria. A agricultura céntrase no cultivo de cereais, liño, legumes e hortalizas. Hai gandaría bovina e apicultura. Constituída en 1920 como rexión autónoma de Votsk, en 1934 converteuse en república autónoma despois de cambiar o nome de Votiacos polo de Udmurtos.