Temas
Estado creado por Napoleón I tras a Batalla de Lodi (1796). Comprendía o Milanesado e parte dos territorios de Bérgamo, Brescia e Cremona. En 1797 uniuse á República Cispadana para formar a República Cisalpina.
República Federal de Rusia, situada no centro da parte europea de Rusia, á beira do río Volga (23.200 km2; 761.400 [estim 1999]). A capital é J ǒ skar-Ola. O relevo é unha planicie ao NL e cara ao O descende converténdose nunha depresión pantanosa. O clima é moderadamente continental. O Volga é o río principal, e transcorre pola fronteira S da república ao longo de 150 km. A meirande parte do territorio está cuberto de coníferas. O 45% da poboación é urbana. Nos recursos naturais destaca a extracción de cuarzo, silicatos e turba. A industria principal é a mecánica e a forestal, aínda que tamén posúe industria do papel e de aparatos semicondutores.
Confederación integrada por Nueva Granada, Venezuela e Ecuador, constituída no Congreso de Angostura (1819) e da que Simón Bolívar foi o seu primeiro presidente. No congreso de Cúcuta, onde foi elaborada a Constitución (1821), manifestáronse as primeiras disensións entre centralistas e federalistas; feito que acabou provocando a súa desintegración coa separación de Venezuela (1829) e Ecuador (1830). En 1886 tomou o nome de República de Colombia.
República autónoma dentro da República de Xeorxia (8.660 km2; 516.000 h [estim 1993]). Ocupa o ángulo NO da depresión do Rioni, entre o Cáucaso e o Mar Negro. Presenta tres rexións fisiográficas: a litoral, as serras e a zona axial paleozoica do Cáucaso, que alcanza os 3.000-4.000 m. O clima é de tendencia subtropical, mediterráneo húmido. Destacan a agricultura e a minería da hulla. Unha sexta parte da poboación é, etnicamente falando, abkhaza; o resto está composta de xeorxianos, armenios e rusos. Sukhumi, a capital, é o centro cultural e industrial, así como un dos núcleos turísticos da riviera de Abkhazia. O nome de Abkhazia aparece no s VIII, no territorio da antiga Cólquida. Moreas de pobos forasteiros sucedéronse neste recuncho do Cáucaso: colonias gregas xonias sometidas a Mitrídates da Ponte, aos romanos, ao Imperio Bizantino, aos sasánidas, aos árabes e aos mongois. Entre 1806-1810, os rusos desprazaron os dominadores turcos. No ano 1921 constituíuse en República...
República proclamada polos milaneses á morte de Filippo Maria Visconti (1447) para se defender dos venecianos. O condottiero Francesco Sforza suprimiu a República e proclamouse Duque (1450), malia a oposición da poboación.
República federal de Rusia, situada ao L do país, entre os ríos Kama e V’atka (42.100 km2; 1.633.000 [estim 1999]). A súa capital é Iževsk. A superficie é chaira e o clima continental. A industria, concentrada en gran parte na capital, diversifícase en construcións mecánicas e industria do metal, siderurxia, extracción de petróleo e industrias de madeira e alimentaria. A agricultura céntrase no cultivo de cereais, liño, legumes e hortalizas. Hai gandaría bovina e apicultura. Constituída en 1920 como rexión autónoma de Votsk, en 1934 converteuse en república autónoma despois de cambiar o nome de Votiacos polo de Udmurtos.
República autónoma de Xeorxia (3.000 km2; 386.700 h [1993]), situada ao SO do país, na fonteira con Turquía, entre o mar Negro e o Pequeno Cáucaso. A capital é Bat’umi. Presenta un forte contraste entre as terras altas, de pluviosidade moi elevada e economía gandeira, e as chairas de clima subtropical do litoral, agrícolas. Os nativos (adxares) son xeorxianos e de relixión musulmana. Estivo en poder dos turcos otomanos durante os ss XVII e XVIIII. Parte da rexión foi incorporada a Rusia no ano 1829; o resto foino nos anos 1877-1878 polo Tratado de Berlín. Despois dunha breve ocupación turca (1917-1921), reocupouna a URSS no ano 1921, integrándoa na República Autónoma Soviética de Xeorxia. Logo da independencia de Xeorxia (1991) permaneceu na República Autónoma aínda que sen crear conflitos territoriais.
República Federal de Rusia (14.100 km2; 433.500 h [estim 1999]). A súa capital é Čherkessk (120.000 h [1997]). Os karachais establecéronse no territorio da actual república cara ao s XIII, fronte o avance dos mongois. Anexionados militarmente polo Imperio Ruso en 1828, os enfrontamentos contra o goberno dos tsares prolongáronse durante o s XIX, mentres que a represión rusa provocou a fuxida de grandes grupos de poboación cara ao Imperio Otomano nas décadas de 1860 e 1870. Os cherkeses que buscaron a axuda dos tsares rusos contra os tártaros e as tribos turcas, foron sometidos definitivamante despois da conquista da rexión do Cáucaso polos rusos, cara a 1864. A rexión foi incluída inicialmente na República dos Pobos das Montañas (1921), pero en 1922 constituíuse na rexión autónoma de Karachai-Cherkes. Dividida de novo en 1924 entre a rexión autónoma de Karachai e a área nacional Cherkes, en 1943, durante o goberno de Stalin uníronse ambos territorios. Autoproclamada república...
Goberno establecido en Suíza polo Directorio francés en 1798, despois da ocupación das tropas francesas. Foi disolta por Napoleón en 1803.
