Temas
República autónoma de Rusia, situada no interior do kraj de Krasnodar, na chaira que se estende dende o río Kuban aos contrafortes do Gran Cáucaso (7.600 km2 ; 449.000 h [estim 1997]). A agricultura e as manufacturas son os principais recursos económicos. A capital é Maikop. Adiguesia era o nome indíxena de Circasia , país anexionado ao Imperio ruso no 1829 polo Tratado de Adrianópole. A oblast autónoma foi creada en 1922.
República de Rusia (61.900 km2; 581.100 h [1997]). A súa capital é Abakán.
República Federal de Rusia, situada no centro da parte europea de Rusia, á beira do río Volga (23.200 km2; 761.400 [estim 1999]). A capital é J ǒ skar-Ola. O relevo é unha planicie ao NL e cara ao O descende converténdose nunha depresión pantanosa. O clima é moderadamente continental. O Volga é o río principal, e transcorre pola fronteira S da república ao longo de 150 km. A meirande parte do territorio está cuberto de coníferas. O 45% da poboación é urbana. Nos recursos naturais destaca a extracción de cuarzo, silicatos e turba. A industria principal é a mecánica e a forestal, aínda que tamén posúe industria do papel e de aparatos semicondutores.
Goberno establecido en Suíza polo Directorio francés en 1798, despois da ocupación das tropas francesas. Foi disolta por Napoleón en 1803.
República autónoma de Xeorxia (3.000 km2; 386.700 h [1993]), situada ao SO do país, na fonteira con Turquía, entre o mar Negro e o Pequeno Cáucaso. A capital é Bat’umi. Presenta un forte contraste entre as terras altas, de pluviosidade moi elevada e economía gandeira, e as chairas de clima subtropical do litoral, agrícolas. Os nativos (adxares) son xeorxianos e de relixión musulmana. Estivo en poder dos turcos otomanos durante os ss XVII e XVIIII. Parte da rexión foi incorporada a Rusia no ano 1829; o resto foino nos anos 1877-1878 polo Tratado de Berlín. Despois dunha breve ocupación turca (1917-1921), reocupouna a URSS no ano 1921, integrándoa na República Autónoma Soviética de Xeorxia. Logo da independencia de Xeorxia (1991) permaneceu na República Autónoma aínda que sen crear conflitos territoriais.
Nome do estado constituído o 21 de setembro de 1949 nos territorios da Alemaña Occidental ocupados, ao rematar a Segunda Guerra Mundial, polos exércitos do Reino Unido, Francia e os EE UU ( Alemaña).
