Adxaria

Adxaria
Nome científico: [xeorxiano: Respublika Adžaristān]

República autónoma de Xeorxia (3.000 km2; 386.700 h [1993]), situada ao SO do país, na fonteira con Turquía, entre o mar Negro e o Pequeno Cáucaso. A capital é Bat’umi. Presenta un forte contraste entre as terras altas, de pluviosidade moi elevada e economía gandeira, e as chairas de clima subtropical do litoral, agrícolas. Os nativos (adxares) son xeorxianos e de relixión musulmana. Estivo en poder dos turcos otomanos durante os ss XVII e XVIIII. Parte da rexión foi incorporada a Rusia no ano 1829; o resto foino nos anos 1877-1878 polo Tratado de Berlín. Despois dunha breve ocupación turca (1917-1921), reocupouna a URSS no ano 1921, integrándoa na República Autónoma Soviética de Xeorxia. Logo da independencia de Xeorxia (1991) permaneceu na República Autónoma aínda que sen crear conflitos territoriais.