"NOT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 284.

  • Esclerito dorsal dos artrópodos, subdividido normalmente en tres partes: prescutum, parte anterior, mesoscutum, parte central, e mesoscutellum, parte posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das onagráceas, que presentan as follas alternas e as flores de gran tamaño dispostas en espigas de cor rosada, amarela ou púrpura. Son de orixe americana e moitas foron introducidas en Europa. En Galicia destaca a presenza das especies O. longiflora e O. strita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos artiodáctilos, ruminantes, da familia dos bóvidos, que presentan o corpo moi esvelto e a corna dos machos circular e gallada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método preventivo que se basea no emprego de vacinas para incrementar o número de opsoninas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de metabolismo heterotrófico dos organismos que utilizan compostos orgánicos como doadores de electróns. Os fungos e moitas bacterias presentan organotrofia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta organotrofia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afinidade química que presentan certas substancias por algúns órganos ou tecidos do corpo ou certos xermes por algunha parte do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uso do osíxeno con fins terapéuticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos oxinótidos.

    2. Peixe da familia dos oxinótidos.

    3. Familia de peixes condritios, da orde dos pleurotremados, que presentan o corpo de cor gris, de sección triangular, cun espiño na aleta dorsal inclinado cara a adiante, un espiráculo de forma oval e as aletas dorsais triangulares. Nas costas galegas pódese atopar o peixe porco (Oxynotus centrina). OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • osixenoterapia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes condritios, da familia dos escuálidos, que presentan as aletas dorsais prolongadas en forma de vela, a pel moi rugosa e fendas branquiais reducidas. A este xénero pertence o peixe porco (O. centrina).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e inventor italiano. Estudou en Florencia e foi profesor nas universidades de Boloña (1864), Caller (1873) e Pisa (1882). Estudou a produción de correntes eléctricas e en 1859 ideou unha máquina de corrente continua provista dun inducido anular (ideado independentemente tamén por Z. T. Gramme), coñecido como o anel de Pacinotti ou anel de Gramme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte pertencente á serra de Carba, situado entre as parroquias de Irixoa (Muras) e Lousada (Xermade). O seu cumio acada os 876 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político francés, fillo de Nicolas Perrenot de Granvelle. Bispo de Arrás (1540), contribuíu á negociación da Paz de Augsburgo entre o Emperador Carlos V e os príncipes protestantes (1555). Estivo ao servizo de Filipe II e interveu nas conferencias de Marcoing e de Cercamps (1558), que prepararon o Tratado de Cateau-Cambrésis. Foi nomeado arcebispo de Malinas en 1560.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e político francés. Doutorouse en Dereito en Dole e entrou no consello privado do Emperador Carlos V en 1524. Conseguiu o favor do chanceler Mercurino A. Gattinara, e á súa morte en 1530 converteuse en primeiro conselleiro de estado do emperador. Interveu nos coloquios de Ratisbona e Worms (1539).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de crustáceos, da orde dos decápodos, de pequeno tamaño, que viven como comensais nas cunchas doutros bivalvos e ascidiáceos. As especies deste xénero reciben o nome de cangrexo chícharo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor grego, fillo e discípulo de Aglaofonte o Vello e irmán de Aristofonte. Non se conserva nada da súa obra, pero sábese que en Atenas traballou no templo dos Dióscuros, no Teseion, no Pórtico e na Pinacoteca dos Propileos da Acrópole e, en Delfos, representou a Caída de Troia e a Nekyia ou Descenso aos Infernos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte dorsal do primeiro segmento do tórax, chamado protórax, dos insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de vacinación non específica, consistente na inxección de proteínas para obter unha reacción inmunitaria de defensa ante certas infeccións.

    VER O DETALLE DO TERMO