Perrenot de Granvelle, Antoine

Perrenot de Granvelle, Antoine

Eclesiástico e político francés, fillo de Nicolas Perrenot de Granvelle. Bispo de Arrás (1540), contribuíu á negociación da Paz de Augsburgo entre o Emperador Carlos V e os príncipes protestantes (1555). Estivo ao servizo de Filipe II e interveu nas conferencias de Marcoing e de Cercamps (1558), que prepararon o Tratado de Cateau-Cambrésis. Foi nomeado arcebispo de Malinas en 1560.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Besançon

  • Deceso

    Lugar : Madrid