"PS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

    1. Trituración dun cálculo.

    2. Operación cirúrxica que consiste en desfacer mecánicamente un cálculo, biliar ou renal principalmente, para facilitar a súa extracción.

    3. Método non invasivo de litotripsia en que un aparato axeitado, denominado litotriptor, xera ondas de choque que, orientadas por un reflector elipsoidal, converxen focalmente no cálculo renal dun paciente parcialmente somerxido en auga. A localización do cálculo renal determínase grazas a un sistema biaxial de raios X ou, máis modernamente, con aparatos de ultrasóns. A destrución do cálculo é selectiva e baséase en que no punto de entrada das ondas se orixinan forzas de comprensión, mentres que no extremo oposto do cálculo, por inversión durante a fase de reflexión, orixínanse forzas de tracción. O cálculo, así, fragméntase en partículas pequenas, semellantes a unha area fina, que son eliminadas espontaneamente por vía urinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Está considerado un dos clásicos da literatura de terror e un dos principais precursores do xénero de ciencia fición. Nas súas obras construíu un mundo imaxinario e distorsionado. Algunhas das súas narracións apareceron na revista Weird Tales, pero gran parte da súa produción, da que destacan At the Mountains of Madness (1931), The Dunwich Horror (1945) e The Case of Charles Dexter Ward (1952), é de publicación póstuma. Segundo algúns estudios, na obra de Méndez Ferrín e doutros autores galegos, sobre todo na presentación do clima de misterio e horror que rodea o relato, poden advertirse influencias do narrador estadounidense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno subxectivo, propio do histerismo, en que o enfermo cre que os obxectos que ve son de tamaño meirande do que son en realidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Envoltura fibrosa que recobre o bazo e penetra no parénquima, dividíndoo en lóbulos grandes e pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás marattiópsidas.

    2. Fento da clase marattiópsida.

    3. Clase de fentos que presentan os esporanxios na cara abaxial das frondes e os seus talos están cubertos de mucilaxe. Esta clase inclúe a orde das marattiais, sendo o representante máis estendido o xénero Marattia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás marchantiópsidas.

    2. Briófito da clase das marchantiópsidas.

    3. Clase de briófitos, coñecidos comunmente como hepáticas, que se caracterizan por ter un protonema reducido, un gametófito taloso ou folioso, folíolos dispostos en dúas fileiras, esporanxio sen estomas e que carecen de eláteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista estadounidense. Reflectiu nas súas novelas os modelos de conduta da clase media e alta de EE UU de mediados do s XX. Publicou as novelas The Late George Apley (Premio Pulitzer, 1937), Wickford Point (1939), BF’s Daughter (1946), Point of No Return (1949) e Melwille Goodwin, USA (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, perennes, da familia das papaveráceas, que presenta follas basais, pinnadas, flores con dous pétalos libres, catro sépalos amarelos e froito en cápsula. En Galicia atópase en zonas de montaña a especie M. cambrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves psitaciformes, da familia dos psitácidos, de ata 20 cm de lonxitude, que presentan as ás longas e aguzadas, a plumaxe de cores vivas e o peteiro pequeno e amarelo. A este xénero pertencen os periquitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura literaria que consiste na expresión dunha queixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos merópidos, que inclúe a especie M. apiaster, máis coñecido como abelleiro, que está presente en Galicia na rexión SL.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tropo que consiste en tomar o antecedente polo consecuente, ou viceversa. A diferenza coa metonimia é que nesta trasládase o sentido dunha palabra, mentres que na metalepse o que se traslada é o sentido de toda unha oración (

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da psicanálise proposta por S. Freud que se dedica ao estudo da psique e da súa relación coa realidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da psicoloxía que estuda, entre outros, os fenómenos de percepción extrasensorial, que consisten en procesos psíquicos que non se poden comprender a partir de procesos sensoriais ordinarios. Forman parte do seu obxecto de estudo fenómenos subxectivos, como a telepatía e a clarividencia, e obxectivos, como a telecinesia e o ectoplasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á metapsíquica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina relixiosa de orixe medieval, que afirma que a alma humana se separa do corpo despois da morte e pasa a outra persoa, animal ou vexetal. Segundo o comportamento da persoa na vida anterior, a reencarnación será máis ou menos nobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Discípulo de Epicuro, o seu mestre dedicoulle os seus tratados Euríloco e Metrodoro. Da súa obra só se conservan fragmentos de Contra os novos sofistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Numidia, fillo de Masinisa. Compartiu o trono cos seus irmáns Mastanabal e Gulusa, ata que morreron e se converteu no único soberano. Participou na Terceira Guerra Púnica como aliado dos romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno subxectivo polo que os pacientes ven os obxectos máis pequenos do que en realidade son.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • miodesopsia.

    VER O DETALLE DO TERMO