metapsíquica
metapsíquica
(< metapsíquico)
s
f
[PSIC]
Rama da psicoloxía que estuda, entre outros, os fenómenos de percepción extrasensorial, que consisten en procesos psíquicos que non se poden comprender a partir de procesos sensoriais ordinarios. Forman parte do seu obxecto de estudo fenómenos subxectivos, como a telepatía e a clarividencia, e obxectivos, como a telecinesia e o ectoplasma.