Metaponte
Metaponte
Antiga cidade de Lucania, que corresponde á actual Metaponto (Basilicata), que foi fundada no s VIII a C, posiblemente polos aqueos de Peloponeso. Habitárona os gregos e posteriormente aliouse cos romanos, en 210 a C ocupouna o militar cartaxinés Aníbal, pero foi de novo reconquistada polos romanos, e coñeceu un grande esplendor durante a época imperial.