"Pin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 715.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento de dimensións minúsculas que se coloca na greta dunha peza de madeira para contrarrestar o seu vicio.
-
PERSOEIRO
Compositor e pianista. Estudiou piano con F. Jurnet e J. B. Pujol, e composición con F. Pedrell (1883) e con Ch. de Bériot en París (1887-1889). En 1899 fundou a Sociedad de Conciertos Clásicos e en 1901 a Academia Granados, onde ensinou a súa técnica pianística. Colaborou e actuou, entre outros artistas, con P. Casals, C. Saint-Saëns e J. Thibaud. En 1911 estreou Goyescas, para piano, e escribiu a zarzuela María del Carmen (1898) e as obras líricas Picarol (1901), Gaziel (1906) e Liliana (1911). Da súa produción sinfónica destaca Tres danzas españolas (1892), o poema La Divina Comedia (1908) e diferentes suites. Para piano escribiu, entre outras pezas, Doce danzas españolas, Escenas románticas, Canciones amatorias e Colección de tonadillas en estilo antiguo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e arqueólogo. Bispo de Astorga en 1886, encargoulle a Gaudí a construción do palacio episcopal. Fundou un Museo Arqueolóxico no Seminario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, diplomático e escritor, segundo marqués de La Mina, grande de España, conde de Pezuela de Torres e cabaleiro das ordes de Calatrava e do Vélaro de Ouro. Loitou na Guerra de Sucesión a favor de Filipe V, participou nas expedicións de Sardeña e Sicilia (1717-1720) e na toma de Orán (1732). Embaixador en París, foi nomeado en 1742 capitán xeneral de Catalunya. Foi ademais autor, entre outras obras, de Máximas para la guerra (1767) e Memorias sobre la guerra de Cerdeña y Sicilia en los años 1717 a 1720 y guerra de Lombardía en los de 1734 a 1736 (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
piperonal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edema de sangue nunha ou nas dúas trompas de Falopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
hematosalpinxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aumento da actividade das cápsulas suprarrenais.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ávila, Castela-León, situado en Tierra de Pinares (2.345 h [2001]). A agricultura e a gandería (lanar e porcina) constitúen os recursos económicos principais do termo. Na industria destaca a fabricación de tubos de cemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao íleo e á espiña ilíaca.
-
Aplícase ao punto somático lateral situado no punto máis baixo da espiña ilíaca anterosuperior.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á folla pinnaticomposta que remata nun folíolo e que ten, por tanto, un número impar de folíolos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non é opinable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que sucede sen estar previsto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Magnitude física propia dos hadróns, representada por un vector dun espazo abstracto tridimensional, do que a terceira compoñente, T3, permite caracterizar os diferentes membros dun grupo de partículas. OBS: Tamén se denominan spin isotópico ou spin isobárico.
-
PERSOEIRO
Zoólogo e farmacéutico. Profesor de ciencias biolóxicas e químicas. Publicou El Montseny parque natural (1953), La vida maravillosa de los animales (1961), El mundo viviente (1967) e El zoo de Barcelona, educació e esplai (1982). Foi director do parque zoolóxico de Barcelona (1955-1985) e do museo de Granollers, fundador do Centro de Bioloxía Animal e Aplicada e Primatoloxía, secretario xeral da Unión Iberoamericana de Parques Zoolóxicos (1958-1986) e membro da Unión Internacional de Parques Zoolóxicos (1961-1986). Dedicóuselle o nome dun novo parasito do gorila (Brodenia jonchi).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do län homónimo, Suecia (117.095 h [estim 2000]). A principal actividade é a explotación forestal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Län de Suecia (10.475 km2; 327.829 h [estim 2000]). A súa capital é Jönköping.
-
PERSOEIRO
Político francés. Ocupou a secretaría xeral do Parti Socialiste (1981-1988) e foi ministro de Educación (1988-1992). Elixido novamente secretario xeral (1995), gañou as eleccións lexislativas de 1997 e formou un goberno que incluía algúns ministros comunistas e ecoloxistas. Dimitiu en maio do 2002, tras perder as eleccións presidenciais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Concurso hípico de salto de obstáculos no interior dun recinto cuberto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Solvideck, Lituania 1890 - Ceret 1981) Pintor xudeu lituano. Formado en Vilnius, traballou de escultor. Establecido en París (1912), recibiu influencias do fauvismo e despois cultivou un expresionismo de cores fortes, dentro do figurativismo da escola de París. Desde 1918 pertenceu á escola de Ceret.