Granados i Campiña, Enrique
Compositor e pianista. Estudiou piano con F. Jurnet e J. B. Pujol, e composición con F. Pedrell (1883) e con Ch. de Bériot en París (1887-1889). En 1899 fundou a Sociedad de Conciertos Clásicos e en 1901 a Academia Granados, onde ensinou a súa técnica pianística. Colaborou e actuou, entre outros artistas, con P. Casals, C. Saint-Saëns e J. Thibaud. En 1911 estreou Goyescas, para piano, e escribiu a zarzuela María del Carmen (1898) e as obras líricas Picarol (1901), Gaziel (1906) e Liliana (1911). Da súa produción sinfónica destaca Tres danzas españolas (1892), o poema La Divina Comedia (1908) e diferentes suites. Para piano escribiu, entre outras pezas, Doce danzas españolas, Escenas románticas, Canciones amatorias e Colección de tonadillas en estilo antiguo.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lleida -
Deceso
Lugar : Canal da Mancha