"Pol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1042.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Introducir en certos lugares dun tecido tramas diferentes da xeral para imitar os efectos dun bordado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de espoliar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polímero de substancias semellantes aos carotenoides, que confire unha gran resistencia á parede dos grans de pole e das esporas de determinadas especies vexetais.
-
PERSOEIRO
Rei nominal (1704-1766) e efectivo (1704-1709, 1733-1736) de Polonia e palatino de Posnania. Coa axuda de Carlos XII de Suecia, foi elixido rei de Polonia por primeira vez en 1704, aínda que trala vitoria de Poltava perdeu o trono fronte a Augusto II e viuse obrigado a refuxiarse en Suecia. Ao morrer este en 1733, foi reelixido rei, circunstancia que provocou unha guerra de sucesión. Tralo Tratado de Viena (1738) renunciou ao trono e a cambio obtivo a soberanía sobre Bar e Lorena. Seguidor do movemento ilustrado, tras abandonar Polonia dedicouse a embelecer arquitectonicamente Lunéville e Nacy e a escribir A voz libre do cidadán (1733) e o Memorial acerca da consolidación da paz universal (1749).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro rei de Polonia (1764-1795), tamén coñecido como Augusto IV. Formado en distintos países europeos, residiu na corte rusa antes de ser elixido rei de Polonia. Monarca ilustrado, tentou modernizar as institucións polacas fronte á oposición dos conservadores da Confederación de Bar (1771). Tralo primeiro reparto de Polonia (1772) perdeu o seu poder efectivo, polo que centrou as súas medidas reformadoras no ámbito da educación, a través da Comisión Nacional da Educación (1773). Trala Gran Dieta (1788-1792) prestou xuramento á constitución, aínda que en 1792 permitiu a intervención rusa. Non participou nin no segundo (1793) nin no terceiro repartimento do país (1795) e abdicou o 25 de novembro de 1795.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Polonia (1575?-1586) e príncipe de Transilvania (1571-1575). Coñecido como Estevo Báthory, foi elixido rei pola nobreza, contraria aos Habsburgo. Derrotou a Iván IV o Terrible de Rusia en Vitebsk, Plock e Pskow e obtivo a Livonia (1582). Intentou diminuír o poder da alta nobreza, especialmente da familia Zborowski. Introduciu a orde dos xesuítas en Polonia e instaurou a liberdade relixiosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo grego. Escribiu obras de crítica política como Os taxiarcas (427 a C), e de espírito bélico como Os prospálticos. Atacou a varios persoeiros da época nas obras A idade de ouro (424 a C) e Marikás, obra pola que foi acusado de plaxiar Os cabaleiros de Aristófanes. Criticou a sofística e censurou a sociedade en Os aduladores (421 a C), Autólico (420 a C) e Os purificadores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional integrada polos departamentos de policía dos países membros da Unión Europea. Fundouse coa finalidade de prever e combater o tráfico de drogas, as redes de inmigración ilegais, o tráfico de vehículos roubados, o tráfico de persoas, a pornografía infantil, a falsificación de diñeiro e outras formas de pago, o tráfico de substancias radioactivas e nucleares e o terrorismo. Creada polo Tratado de Maastrich o 7 de febreiro de 1992, ten a súa base na Haia. Comezou a ser operativa o 1 de outubro de 1998, pero non comezou a funcionar ata o 1 de xullo de 1999.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biopolímero que se dispón na superficie externa da célula que o produce. Pode ser de natureza orgánica, como polisacáridos ou lípidos, e de natureza inorgánica; entre estes últimos os máis frecuentes son os formados por SiO2 e polo carbonato cálcico, que constitúen o exoesqueleto de moitos protistas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óleo de El Greco realizado entre 1577 e 1579 para a sancristía da catedral de Toledo que se conserva no museo catedralicio. Representa o momento previo á crucifixión, cando Cristo foi despoxado da túnica vermella. A composición xira arredor do eixe da figura de Cristo, coas tres Marías e un soldado na parte inferior, que crean un espazo manierista. Cómpre destacar tamén o equilibrio cromático, conseguido entre o vermello da túnica e o amarelo das roupaxes dos soldados, e o tratamento lumínico cun foco de luz na armadura que ilumina o vermello central. O conxunto complétase cunha multitude de personaxes que rodean a Cristo, cunha menor iluminación. No lenzo suprimiuse toda referencia á natureza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de extrapolar.
-
-
-
Estender algo, polo xeral ideas, fóra dos límites nos que se xeraron.
-
Sacar as palabras fóra do seu contexto para lles dar un sentido diferente.
-
-
Prolongar unha lei ou función fóra dos límites onde está determinada, co obxecto de predicir resultados.
-
-
PERSOEIRO
Compositor austríaco. Discípulo de Albrechtsberger e de Haydn, foi kapellmeister da corte (1824-1833). Compuxo misas, oratorios, cantatas, cancións e unha ópera.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e político. Foi presidente do Comité Executivo Local do Partido Popular do concello de Narón e concelleiro voceiro. Elixido deputado do Congreso pola Coruña, ocupou este cargo na V, VI e VII lexislaturas, nas que foi membro da Comisión de Educación, Cultura e Deporte, e vicepresidente primeiro da Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Nápoles (1496-1503). Aliouse cos turcos ante a ameaza dunha invasión por parte da alianza formada por Venecia, o papado e Luís XII de Francia e perdeu o reino ante o rei de Francia e Fernando o Católico. Fuxiu a Ischia (1501) e despois a Francia, onde lle concederon o ducado de Anjou a cambio de renunciar á Coroa de Nápoles, que pasou ao Reino de Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Leopoldo Varela, formouse co pintor Marcet (1948-1952). A súa obra adscríbese a un impresionismo apoiado no debuxo. Traballou o óleo, a acuarela, a augada e o pastel. As súas paisaxes reflicten os ambientes rurais e mariños de Galicia, e tamén as terras de Castela, La Rioja e Aragón. Dende a súa primeira mostra celebrada en 1956, expuxo en diversas cidades galegas e españolas. Participou en diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra, onde obtivo a medalla de prata en 1972, e entre outras mostras na Trienal de Compostela (1974), Artistas Galegos (Madrid, 1976) e Pontevedra con Centroamérica (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Nápoles (1458-1494) e duque de Calabria (1443-1494), fillo natural de Afonso V de Aragón. A súa investidura como rei de Nápoles foi rexeitada polo Papa Calixto III e polo duque de Lorena. Coroado en Bari (1459), derrotou o duque de Lorena na Batalla de Troia (1462). Na década de 1480 enfrontouse a varias sublevacións da nobreza napolitana que culminaron na Conxuración dos Baróns (1485-1486). Monarca renacentista, foi o fundador da primeira universidade napolitana (1465), o introdutor da imprenta (1474) e protector das artes e das letras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Nápoles (1495-1496), fillo de Afonso II de Nápoles. Accedeu ao trono napolitano trala abdicación do seu pai e durante a conquista de Carlos VIII de Francia, polo que fuxiu a Sicilia. Unha vez que os exércitos da Liga de Venecia (1495) obrigaron o monarca francés a retirarse de Italia, retornou ao seu reino, onde casou coa súa tía Xoana de Aragón co fin de asegurarse a axuda de Fernando II de Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fernando II de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Fernando I das Dúas Sicilias.