exopolímero

exopolímero

(

s m [BIOQ]

Biopolímero que se dispón na superficie externa da célula que o produce. Pode ser de natureza orgánica, como polisacáridos ou lípidos, e de natureza inorgánica; entre estes últimos os máis frecuentes son os formados por SiO2 e polo carbonato cálcico, que constitúen o exoesqueleto de moitos protistas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

exopeptidase | exoperidio | exopodito | exopolímero | exopterigoto -ta | exorbitado -da | exorbitancia