"RAG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, tres soles, de ouro, ben ordenados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao terreo de difícil acceso ben por ter rochas e desniveis ben por ter unha vexetación frondosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corpo de voluntarios do Fragoso que no mes de marzo de 1809 participaron na reconquista de Vigo, ocupada polas tropas francesas. O 14 de marzo, as partidas do Fragoso e San Antoniño, acaudilladas polo monxe franciscano Andrés Villageliú e por frei Giráldez, lograron deter os reforzos que, procedentes de Pontevedra, se dirixían a Vigo para auxiliar aos soldados franceses cercados no interior das murallas da cidade. O día 28, lograda a rendición dos franceses, entraron na zona vella da cidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Olor que resulta suave e agradable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que exhala fragrancia.
-
-
Fogón onde se poñen a quentar os metais para que se poñan brandos e poder traballalos.
-
Obradoiro onde se traballa o ferro. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Pedra sen auga non aguza na fragua”.
-
-
-
Dar forma a un metal quente por medio de golpes.
-
Pensar en cómo facer algunha cousa e levala a cabo.
-
olverse sólido un material, especialmente o formigón.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe santanderina que pasou a Galicia. As súas armas traen, en campo de prata, un castelo de pedra, e saíndo pola porta, un león de ouro que se dirixe cara a outro león, do mesmo metal, que esta empinante, en actitude de pelexa; bordo de goles, con oito aspas de ouro.
-
PERSOEIRO
Humorista coñecido polo pseudónimo de Forges. Estudiou telecomunicacións e ciencias sociais. Publicou o seu primeiro debuxo en 1964, cando traballaba como mesturador de imaxes en TVE. Os seus debuxos reflicten con ironía a España que viviu a transición e a consolidación da democracia. Colaborou en diversos medios como La Codorniz, Pueblo, Ya, Hermano Lobo, Por favor, Arriba, Informaciones, Interviú, Lecturas, El Jueves e Jano. Iniciou a súa viñeta diaria en El País en 1995. Como realizador dirixiu os filmes País SA (1975) e El bengador gusticiero y su pastelera madre (1976), e as series televisivas Vivir es lo que importa e 24 horas aquí. Como debuxante publicou El libro de Forges (1972), Historia de aquí (1980), En un país de Romerales (1986), No me fume (1996) e Doce de Babilonia (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo. En 1918 evitou marchar coa súa familia a Brasil ao ingresar nunha escola establecida en Famelga na parroquia de Aguasantas. O seu mestre convenceu aos pais para que continuase cos seus estudios e en 1919 aprobou por libre o ingreso no Instituto Xeral e Técnico de Pontevedra, onde realizou o bacharelato e onde tivo como mestres, entre outros, a Ramón Sobrino Buhigas, Antón Losada Diéguez e Castelao. En 1923 fundou xunto con outros compañeiros de estudios, entre os que se atopaba Sebastián González García-Paz, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa do galego e a elaboración dun dicionario. Ese mesmo ano interveu por primeira vez nun mitín no que defendeu a Manuel Portela Valladares. En 1924 trasladouse a Santiago de Compostela para estudar Filosofía e Letras. Axiña comezou a colaborar no Seminario de Estudos Galegos e, a proposta de Ramón Martínez López, ingresou nas Irmandades da Fala. En 1926 escribiu o seu primeiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘falar’.
-
-
Aplícase ao terreo con moitas rochas e desniveis pronunciados.
-
Pedra moi grande.
-
Noiro de pedras ou de terra.
-
Persoa que comercia coa madeira.
-
Persoa que se dedica a cortar árbores e arrincar pedras.
-
Carpinteiro especialista na construción de carros.
-
-
GALICIA
Pintor, mariño mercante e deseñador gráfico. Dende 1982 alterna a pintura co deseño de produtos e de imaxe corporativa de empresas galegas. Realizou exposicións en Ferrol, A Coruña, Narón, Pontedeume, Pontevedra e Barcelona. A súa obra atópase en coleccións de Galicia, Bilbao, Madrid, Setúbal e Singapur.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está cheo de mato ou rochas.
-
-
Terreo abrupto cheo de xestas, silvas e toxo.
-
exetación moi mesta formada por silveiras, herbas, toxos e outras plantas que medran espontaneamente.
-
-
PERSOEIRO
Relixioso, primeiro marqués de Llombai e duque de Gandía, fillo de Xoán de Borja e Enríquez e de Xoana de Aragón. Foi nomeado lugartenente de Catalunya (1539) e, en Barcelona, coñeceu os primeiros xesuítas. Morto o seu pai (1542), herdou o ducado de Gandía. Instalado nesta cidade, fundou o primeiro colexio de xesuítas do mundo. Doutorado en Teoloxía en Gandía (1550), marchou a Roma. Prepósito xeneral dos xesuítas (1565-1572), creou numerosos colexios en Europa e iniciou as misións de Florida, Perú e México. O papa nomeuno cardeal pero non aceptou. Foi beatificado por Urbano VIII en 1624 e canonizado por Inocencio X en 1671. Na iconografía viste co hábito dos xesuítas e leva, como atributos, o capelo de cardeal ou a coroa ducal no chan, amais dunha custodia e un cranio. A súa festividade celébrase o 3 de outubro (antes da reforma do calendario litúrxico, o 10 de outubro).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Iniciado no campo das matemáticas, foi un dos configuradores da econometría. Editou a revista Econometrica e publicou, entre outras obras, New methods of measuring marginal utility (1932) e Theory of prodution (1965). Foille concedido o primeiro Premio Nobel de Economía en 1969, que compartiu con Jan Tinbergen.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Dumio e arcebispo de Braga. Vinculado á familia do Rei Sisenando, trala morte dos seus pais formouse na escola episcopal de Palencia. Despois da súa ordenación impulsou a vida monacal e fundou os mosteiros de Compludo, preto de Astorga, e diversos cenobios, como San Pedro de Rupiana. O Rei Recesvinto nomeouno abade-bispo de Dumio (653-656) e máis tarde consagrouno arcebispo de Braga (665-667) e metropolitano de Galicia. Fundou diversos mosteiros en Galicia -entre outros, o Peonense, na ría de Pontevedra, ou o de Castrobón-, en Andalucía e nos arredores de Braga. Atribúenselle dúas regras monásticas, a máis importante foi a Regula monachorum.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Tarragona. Morreu queimado vivo no ano 259 xunto cos diáconos Augurio e Euloxio. O seu culto, que se remonta ao s VI, é dos máis antigos de Hispania. Na iconografía represéntase vestido de bispo (con casula ancha, ou capa, mitra e báculo), e ás veces cun libro na man; leva como atributos persoais unha cacharela aos seus pés. A súa festividade celébrase o 20 de xaneiro (antes da reforma do calendario litúrxico festexábase o 21 de xaneiro).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu o 9 de agosto de 1999 trala firma dun protocolo entre o conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, o alcalde de Santiago de Compostela e Antonio Fraguas Fraguas. Ten como espazo e referencia o Museo do Pobo Galego e o seu patrimonio está constituído polas achegas dos patróns e socios do Museo. Entre os seus obxectivos inclúense a conservación e dinamización do legado patrimonial que Antonio Fraguas reuniu ao longo da súa carreira, para incrementar a investigación, a divulgación e a conservación dos lugares da memoria de Galicia, así como asegurar que o Museo do Pobo Galego poida cumprir adecuadamente os seus fins.