Fundación Antonio Fraguas
Fundación Antonio Fraguas
Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu o 9 de agosto de 1999 trala firma dun protocolo entre o conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, o alcalde de Santiago de Compostela e Antonio Fraguas Fraguas. Ten como espazo e referencia o Museo do Pobo Galego e o seu patrimonio está constituído polas achegas dos patróns e socios do Museo. Entre os seus obxectivos inclúense a conservación e dinamización do legado patrimonial que Antonio Fraguas reuniu ao longo da súa carreira, para incrementar a investigación, a divulgación e a conservación dos lugares da memoria de Galicia, así como asegurar que o Museo do Pobo Galego poida cumprir adecuadamente os seus fins.