"RDA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 499.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político que xurdiu en 1980 e que agrupou militantes da esquerda nacionalista, fundamentalmente procedentes da Unión do Pobo Galego (UPG), do Partido Obreiro Galego (POG), do Partido Galeguista (PG), do Partido Socialista Galego (PSG), do Partido dos Traballadores Galegos (PTG), do Bloque Nacionalista Galego (BNG), do Partido Comunista Galego (PCG) e do Movemento Comunista Galego. Presentouse como un partido á esquerda do PSOE, cun proxecto político non subordinado ao proxecto nacionalista. Nas eleccións autonómicas de outubro de 1981 acadou 33.439 votos, fundamentalmente nas zonas costeiras e industriais, que o converteron na quinta forza de Galicia e que lle permitiron obter un deputado na persoa de Camilo Nogueira. Nas eleccións xerais de 1982 só obtivo 22.310 votos. No mesmo ano, algúns militantes do PSG uníronse a EG, que desde ese momento se presentou ás eleccións como PSG-EG. Nas eleccións xerais de 1986 obtivo un importante aumento, ao dobrar o seu apoio electoral e acadar...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político fundado na asemblea do 28 de outubro de 1995 no Carballiño, que reuniu un colectivo de independentes no seo do BNG, creado co mesmo nome tres anos antes (4 de abril de 1992). Inscribiuse ideoloxicamente dentro do socialismo democrático e tiña como secretario xeral a Alberte Xulio Rodríguez Feixóo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político fundado en 1985. Naceu dende a reformulación do Partido Comunista Galego (PCG), como consecuencia da fundación de Izquierda Unida en todo o Estado. Defendeu o dereito de autodeterminación dentro dun marco federal e republicano e, no eido político-social, centrouse na loita contra a precariedade do mercado de traballo e a redución da xornada laboral a 35 horas semanais. Nas eleccións autonómicas de 1989 obtivo 38.214 votos, o que supuxo un ascenso respecto aos votos acadados polo PCG-PCE en 1985 (10.625). En 1993 presentouse ás eleccións en coalición electoral con Unidade Galega, nun intento de encabezar un proxecto político de esquerda galeguista similar ao de Euskadiko Ezkerra en Euskadi. O seu líder foi Anxo Guerreiro ata 1997, ano en que un grupo, liderado por este, se escindiu do partido e fundou Esquerda de Galicia. Nas eleccións de 1997, EU-IU acadou soamente 13.964 votos. Nas eleccións ao Parlamento europeo de 1999, nas locais de 1999 e nas xerais de 2000, fortaleceu...
-
PERSOEIRO
Trobador da escola lírica galego-portuguesa, natural da Guarda (Portugal) ou pertencente a unha familia con ese apelido. Documéntase que foi escribán real (1299) e que mantivo relación co escribán Lourenço Esteves da Guarda na época en que don Denís entrou, por última vez, en conflito armado co seu irmán Afonso. Recibiu algunhas doazóns e bens reais no momento en que se enfrontou ao rei co seu fillo Afonso, probablemente en recompensa pola súa lealdade e fidelidade ao monarca. Casado con Sancha Domingues, coa morte do rei-trobador a súa presenza na corte foi máis esporádica, pero figura como conselleiro do rei e o seu procurador en asuntos de política ibérica. É posible que participase na compilación do Livro das Cantigas do Conde de Barcelos. A súa actividade poética debe situarse a fins do s XIII ou na primeira metade do s XIV. Integrado na última xeración de trobadores peninsulares, é notoria na obra que se lle atribúe polos cancioneiros quiñentistas -Cancioneiro da Biblioteca Nacional...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
hemicordado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Chairas de Fardán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santo Estevo de Tremoedo (Vilagarcía de Arousa). En estado ruinoso, pertenceu a unha fortaleza vinculada co pazo de Figueroa. Ten pedra de armas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos daordes, ou xerga dos telleiros, e tamén da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘borracheira’.
-
GALICIA
Escritora. Novelista romántica, da súa produción destaca El Avia y el Miño, Las once mil vírgenes, El antifaz de terciopelo e La víctima de su vanidad.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta persa. De familia nobre, comezou na poesía con diversas composicións líricas e heroicas. Asasinado Daqīqī (980?), quen empezara un poema épico sobre a historia de Irán, dedicouse a continualo: o Snāme ou Libro dos Reis, que consta duns 60.000 dísticos inspirados en vellas tradicións iranianas ata a conquista árabe.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1904). A Academia de España outorgoulle unha bolsa e residiu en Roma. Ao seu regreso nomeárono arquitecto conservador do Teatro Real de Madrid (1915) e ingresou na dirección xeral de Primeiro Ensino do ministerio de Instrución Pública e Ensino como arquitecto escolar. As súas construcións escolares caracterizáronse pola funcionalidade e polo emprego de materiais modestos, como o ladrillo, pero dende un punto de vista racionalista. Entre outras obras destacan os grupos escolares Cervantes (1910-1914) e Príncipe de Asturias en Madrid, os pavillóns xemelgos da Residencia de Estudiantes (1913-1914) e o pavillón de párvulos do Instituto Escuela; interveu tamén nos edificios das escolas normais de mestres de Granada, Valladolid e León. No eido da conservación arquitectónica traballou na mesquita de Córdoba.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase ao motor movible, situado nunha barca ou nunha embarcación deportiva, que xeralmente vai fixado ao coroamento ou ao espello de popa, aínda que tamén pode ir arrimado a un dos costados.
-
Embarcación provista dun motor foraborda, xeralmente pequena e lixeira, empregada especialmente en competicións deportivas.
-
-
CIDADES
Cidade do estado de Florida, EE UU (152.397 h [2000]). Sitúase a carón da costa do Atlántico, na desembocadura do New. É unha zona residencial e turística. Do seu patrimonio cultural destacan o Broward Center for the Performing Arts, o Fort Lauderdale Museum of Art e o Museum of Discovery and Science.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico aparecido no concello da Rúa en 1902. Imprimiuse nuns obradoiros tipográficos de Lugo.
-
-
Tipo de letra que corresponde ao corpo 8.
-
Danza ternaria de movemento vivo que probablemente apareceu en Lombardia a finais do s XV co nome de gagliarda. Sobreviviu durante o s XVII, pero no seu estilo serodio apareceu cun ritmo máis lento e comezou a utilizarse en obras musicais de diferentes xéneros vocais e instrumentais.
-
-
-
Acción de gardar ou vixiar.
-
Conxunto de soldados ou xente armada que se encargan de defender ou vixiar persoas ou lugares.
-
-
Corpo armado que se encarga da vixilancia e defensa de algo ou de alguén. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
Garda Civil
Instituto civil armado integrado nas forzas e corpos de seguridade do Estado. Mantén unha estrutura xerárquica militar, malia que depende da dirección xeral de Seguridade do ministerio do Interior. Creouse por decreto do goberno moderado de L. González Bravo en 1844 e a súa organización confióuselle a Francisco Javier Girón, duque de Ahumanda, que a dirixiu ata 1854. Ocupábase inicialmente de manter a orde pública. O duque de Ahumada deseñou a distribución dos membros da Garda Civil en doce tercios peninsulares e un insular, posteriormente implantouse tamén nas colonias. A expansión territorial produciuse partindo do centro do Estado e seguindo as principais vías de comunicación, en etapas que abarcaron o ámbito provincial (1846), de partido (1851) e municipal, xa no s XX. A súa estrutura partía do posto como unidade básica e nun nivel superior situábanse as liñas, as compañías, comandancias, tercios e zonas. O servizo realizábase baixo a dependencia das autoridades civís, agás en caso...
-
garda de asalto
Forza de policía da Segunda República creada pola hostilidade popular contra a Garda Civil. En 1936 mantívose fiel á República e ao final da guerra foi substituída pola Policía Armada.
-
garda de corps
Corpo adscrito á persoa do rei instituído en Francia no s XV e disolto en 1789. En España foi introducido por Filipe V e desapareceu baixo o reinado de Fernando VII.
-
garda nacional
Milicia cívica francesa que se constituíu en París o 13 de xullo de 1789 co obxectivo de defender o país dunha posible volta á monarquía e dos intentos de insurrección das clases populares. Disolta por motivos políticos en 1827, foi reconstituída durante a Revolución de 1830. En 1852 Napoleón modificou o seu carácter para defender a figura do emperador dos ataques dos revolucionarios. En 1868 converteuse nun corpo para a ocupación de territorios e trala súa participación na Comuna de París suprimiuse en 1872.
-
garda pretoriana
Corpo do exército romano que se ocupaba de custodiar os emperadores romanos. Tiveron a súa orixe durante a época republicana nas cohors praetoria, grupos de soldados seleccionados polos xenerais como gardacostas. No ano 13 a C Octavio Augusto regulamentouna como unha unidade especial permanente coa función de protexer a familia imperial. Estaba formada por nove cohortes pretorianas das que tres permaneceron en Roma e o resto repartíanse por Italia. Durante o goberno de Tiberio no 23, inaugurouse o campamento permanente deste corpo, a castra praetoria, fóra das murallas de Roma, no Viminal. Os seus comandantes denominábanse prefectos do pretorio e convertéronse nun elemento destacado na sucesión dos emperadores. Foron disoltos no 312 por Constantino I.
-
garda real
Conxunto de varios corpos do exército destinados a protexer o soberano e a súa familia. As súas orixes atópanse na unificación que realizaron os Reis Católicos dos gardas vellos de Castela e da garda amarela, que constituíron a garda dos cen continuos. Durante o reinado de Carlos I uniuse a esta garda o corpo de arqueiros de Borgoña e durante a minoría de idade de Carlos II, creouse un rexemento especial, a chamberga, baixo as ordes do marqués de Aytona. A chegada de Filipe V supuxo a transformación deste corpo na garda de corps, organizada segundo o modelo francés. Trala súa desaparición no reinado de Fernando VII, no reinado de Isabel II transformouse no corpo de alabardeiros e no escuadrón de garda da raíña. Suprimida durante o reinado de Amadeo de Savoia e na Primeira República, converteuse durante a restauración de Afonso XII no corpo de gardas alabardeiros e na escolta real. A restauración da monarquía trala ditadura, deu lugar á constitución o 31 de decembro de...
-
...
-
-
-
LAGOS
Lago subalpino, o máis grande de Italia (370 km2). Está bordeado parcialmente de relevos calcarios ou dolomíticos que forman parte dos Prealpes lombardos e dos Prealpes do Véneto. Fai de límite entre as rexións da Lombardía e do Véneto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empregado do ferrocarril que ten ao seu cargo o manexo das agullas nos cambios de vía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se encarga de vixiar un paso a nivel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza que se coloca diante e por riba das rodas dun vehículo para evitar as salpicaduras de lama.