"RNE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 566.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caixa que vai pendurada sobre a moa do muíño, e pola que cae o gran que se vai moer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dorna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dorna.
-
-
Dono ou tripulante dunha dorna.
-
Caixón de forma rectangular, xeralmente de madeira, onde se pon a salgar a carne de porco, logo da matanza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dorna.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nos topónimos homónimos. Os nomes de lugar Dornelas son diminutivos de dorna, que aplicada á toponimia fai referencia a terreos con forma cóncava. Documéntase no s XIV: “Domingo Anes de Dornelas” (doc ano 1366 en Manuel Lucas Álvarez/P. Lucas Domínguez, San Pedro de Ramirás. Un monasterio femenino en la Edad Media. Colección diplomática, 1988, p 520).
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Silleda. Foi unha doazón de Urraca á catedral de Santiago de Compostela. De estilo románico, a súa decoración permitiu datala ao redor de 1171 por unha inscrición do testeiro da nave. Ten unha soa nave e ábsida semicircular. A ábsida está abovedada e reforzada por un arco faixón de medio punto sobre columnas. O arco triunfal é dobrado e ten a mesma directriz ca o faixón, apóiase nun par de columnas entregadas, con capiteis de follas planas e volutas no extremo, aínda que no setentrional aparece unha cabeza e as patas dun ser monstruoso. No exterior, a capela compartiméntase en cinco panos por medio de catro columnas entregadas, a setentrional tapada por unha sancristía moderna. Os capiteis que as coroan son vexetais, de dúas ordes de follas e algún con figuras, aínda que a súa deterioración impide precisar o seu tema. No lenzo central, ábrese unha ventá de medio punto sobre dúas columnas, con chambrana de tres filas de escaques. A portada occidental flanquéana...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor inglés. Estableceuse en Londres e deuse a coñecer como poeta con Non sum qualis eram. A súa vida decadente reflíctese en Verses (Versos, 1896) e na novela autobiográfica A Comedy of Masks (Comedia de máscaras, 1893). É tamén autor da comedia en verso The Pierrot of the Minute (1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor francés. Formouse na École de Beaux-Arts e despois foi discípulo de Rodin. Estudiou a obra dos mestres florentinos e, en especial, a de Donatello. Traballou en Hispanoamérica onde realizou, entre outras obras, La primavera (Bos Aires).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Discípulo e neto de Pedro Roldán, foi escultor de cámara durante a residencia da corte en Sevilla (1729-1733). O seu estilo, detallista, utiliza as liñas curvas e as figuras movidas. Traballou, entre outras obras, na cartuxa de El Paular (1723-1728) e na igrexa de San Luis de los Franceses. Entre as súas obras destaca o cadeirado do coro da catedral de Córdoba (1748-1757).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador holandés. Discípulo de Adriaen van Ostade, realizou escenas campesiñas cunha tendencia á caricatura. Entre as súas obras destacan O fumador e O charlatán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Realizou escenas de xénero e retratos nos que intentou captar as relacións psicolóxicas entre as personaxes. Das súas obras destacan Os osmóns, Soldados xunto a unha cheminea e Soldados xogando aos dados.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado de East Sussex, en Inglaterra, Reino Unido, situada á beira do Canal da Mancha, nos contrafortes orientais da serra de Downs (87.000 h [estim 1999]). As bases da súa economía son as actividades relacionadas coa pesca e cunha pequena industria conserveira. Nos últimos anos adquiriu grande importancia o turismo, principalmente nos meses de verán, debido á construción dun balneario.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao marfil.
-
Que é semellante ao marfil.
-
Relativo ou pertencente a Costa de Marfil ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Costa de Marfil.
-
Arte desenvolvida en Costa de Marfil. As diversas culturas establecidas no seu territorio desenvolveron unha tradición artística baseada na talla en madeira. Os baulé realizaron figuras esveltas dos seus antepasados, femininas e masculinas, caracterizadas polo seu modelado e a súa pátina. Os senufa do interior realizaron unha estatuaria máis basta e máscaras decorativas que, ás veces, rematan cunha figura de paxaro cun gran peteiro. Os dan produciron máscaras de carácter realista que empregaban nas cerimonias relixiosas e outras cos rostros deformados que representaban os diferentes espíritos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial aparecida en 1980 en Santiago de Compostela. Destacou na edición de libros de poesía, para o que contou coas autoras María X. Queizán e Helena Villar Janeiro. Ademais, encargouse de agrupar e editar a Obra Literaria Completa (1980), de Fermín Bouza Brey.
-
CAPITAIS
Capital do il homónimo, na rexión da Tracia, Turquía, na marxe dereita do río Meric (115.083 h [1997]). Situada no centro dunha chaira moi fértil, preto da fronteira con Bulgaria, é un destacado mercado de froitas e doutros produtos agrícolas. No que se refire á industria, os principais sectores son o téxtil (coiro e la) e o alimentario. Fundada polo Emperador Adriano, durante o Imperio Bizantino enfrontouse aos godos e aos búlgaros. No 1205 someteuse á soberanía veneciana e permaneceu no seu poder ata que o sultán turco Murat I a conquistou (1361). Baixo o poder dos turcos otomanos desenvolveuse como o principal centro administrativo e económico das provincias europeas. A decadencia do Imperio Turco permitiu a súa ocupación polos búlgaros na Primeira Guerra Balcánica (1912). Volveu a mans dos turcos (1913), pero os gregos conquistárona en 1920. Retornou definitivamente a Turquía no 1922. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar a mesquita otomana de Sélim II, chamada Selimiye...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
II de Turquía, na rexión de Tracia (6.174 km2; 403.500 h [1990]). A súa capital é Edirne.