"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • PERSOEIRO

    Monxa cisterciense de Nimbschen (1515). Influída polas ideas da Reforma, deixou o mosteiro e trasladouse a Wittemberg (1523), onde casou con Lutero (1525).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falar de forma moi baixiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidruro de boro. Ácido de Lewis moi forte, denominado monoborano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria do Porto de Lastres, no concello asturiano de Colunga. En Galicia establecéronse en Cesantes, concello de Redondela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor teatral, licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, incorporouse en 1982 ao grupo de marionetas Tanxarina onde traballou como manipulador de bonecos, actor, coautor de textos, deseñador de espacios e vestiario ou director de escena, amais de participar como docente en diversos cursos de construción e manipulación de marionetas. Entre os espectáculos nos que participou cómpre subliñar Migallas e cirigaitas (1983), Rosalín no país do Sol (1984), Un, dous, catro..., 24. Mariquiña ten un gato (1985), Titiricircus (1988), Coca, a volta da besta (1989), O bebé (1991), Santiago, Santiago (1993), Ah, ah, ah, estamos monstros de risa (1995) ou Contaloucos (1998). En 1994 participou como actor no primeiro espectáculo de Producións Teatrais do Sur, Macbett. Colabora habitualmente na organización dos Encontros dos Titiriteiros Galegos e noutras actividades de promoción do teatro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto de ácido bórico e de glicerina usado como antiséptico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa e novelista sueca. Escribiu Moln (Nubes, 1922), Kallocain (1940) e De sju dödssynderna (Os sete pecados capitais, 1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Toques. Románica de finais do s XII, consta dunha nave e dunha ábsida rectangular prolongada cara ao L cunha sancristía engadida posteriormente. O arco triunfal é de medio punto, dobrado e de gran luz, non está sostido por columnas, senón polo propio muro, a través dunha imposta adornada con motivos vexetais moi estilizados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto, político, médico e escritor francés. Coñecido porque foi un dos primeiros sistematizadores da gastronomía, particularmente da francesa. A súa obra fundamental é Physiologie du goût (A fisioloxía do gusto, 1826).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido de liño moi forte e de fabricación caseira, que se emprega para forros ou para pintar ao óleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de pequenos illotes do sector NO do arquipélago das Malveiras, situadas ao SO da illa de Cortegada, na ría de Arousa. Administrativamente pertencen ao litoral da parroquia de Carril (Vilagarcía de Arousa).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de brincar.

    2. Broma ou burla feita coa intención de divertirse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación popular aplicada aos cogomelos da especie Amanita muscaria, que acadan ata 15 cm de altura e teñen a superficie do sombreiro vermella con pequenas escamas brancas e, ao pé, o anel e a volva tamén brancos. O nome fai referencia aos efectos alucinóxenos desta especie, que foi empregada por certos pobos siberianos en cerimonias relixiosas; posiblemente teña relación co soma do Rig-Veda e coa persecución no s IV do priscilianismo e a micofobia que caracterizou o pobo galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Broma ou burla feita coa intención de divertirse, pero sen causar danos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa á que lle gusta realizar brincadeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar un ou varios saltos.

    2. Realizar cousas divertidas para entreterse e pasar o tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto e efecto de brincar.

    2. Pendente formado por un aro e un colgante.

    3. Aro de metal que se lle pon ao porco no fociño para que non foce.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Beber á saúde de alguén ou en honor dalgunha cousa, dalgún acontecemento, etc.

    2. Ofrecer algunha cousa a alguén.

    3. Ofrecerse alguén para algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de brindar, normalmente bebendo cos vasos ou coas copas.

    2. Discurso que se pronuncia ao brindar.

    VER O DETALLE DO TERMO